Acteón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A morte de Acteón, Tiziano

Acteón, personaxe da mitoloxía grega.
Fillo de Aristeo e Autónoe, era un cazador de Beocia.
Cando Artemisa se estaba a bañar espida nun bosco preto da cidade de Orcomeno, Acteón viuna por casualidade, detívose e quedou fascinado pola súa beleza. Artemisa, ao se dar de conta, converteuno nun cervo e enviou aos seus propios cans para que o devorasen.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas