Acrisio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acrisio, personaxe da mitoloxía grega.
Fillo de Abante e Aglea. Loitou co seu irmán Preto pola herdanza de seu pai, rei de Argos, casou con Euridice, coa que tivo a Dánae, soubo por un oráculo que o fillo da súa filla o ía matar, polo que encarcerou a Danae, mais Zeus namorouse dela e baixo a forma dunha pinga de ouro entrou na prisión, desa unión nace Perseo. Acrisio, cando o soubo, deixa a Danae e ao fillo nunha caixa de madeira no medio do mar.
Despois de moitas aventuras, Perseo e a súa nai voltan a Argos, Acrisio, ao sabelo, deixa a cidade refuxiándose en Larisa, pero o destino tiña que se cumprir e Perseo foi chamado a Larisa para participar nos xogos fúnebres, cando lanzaba o disco, este golpea involuntariamente a Acrisio, o que lle provoca a morte.