Helios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relevo troiano que representa a Helios nun tríglifo con métopa do templo de Atenea.

Na mitoloxía grega, Helios (en grego antigo Ἥλιος Hếlios, ‘sol’) é a personificación do Sol. O himno homérico identifícao como fillo dos titáns Hiperión e Tía (Hesíodo) ou Eurifaesa (himno homérico) e irmán das deusas Selene, a Lúa, e Eos, a Aurora. Porén, Homero chámao a miúdo simplemente Titán ou Hiperión.[1]

Helios era imaxinado como un fermoso deus coroado coa brillante auréola do sol, que conducía un carro polo ceo cada día ata o Océano que circundaba a terra e regresaba por este cara o leste pola noite. Homero describe o carro de Helios como tirado por touros solares. Posteriormente, os cabalos recibiron os nomes Flegonte (‘ardente’), Aetón (‘resplandecente’), Pirois (‘ígneo’) e Éoo (‘amencer’).

Co paso do tempo, Helios foi cada vez máis identificado co deus da luz, Apolo. O seu equivalente na mitoloxía romana era Sol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ovidio Metamorfoses 1.10