Paris

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta páxina é sobre a figura mitolóxica. Para a cidade capital de Francia vexa París.
Juízo do Monte Ida, mosaico de sol,110-150, vila do Atrium, Antioquía

Paris é una figura da mitoloxía grega, fillo de Príamo (rei de Troia) e de Hécuba, e máis irmán de Heitor.

Segundo a profecías dos oráculos, tería causado desasosego na cidade, pois tivera un soño a mesma Hécuba, no cal vía saír lume das súas pernas, polo que foi abandonado no monte Ida, mais aleitouno unha osa (compárese o caso de Rómulo e Remo, aleitados por unha loba). Logo foi adoptato por un matrimonio, medrando como pastor.

[editar] Xuízo de Paris

Requerido por Hermes, enviado este por Zeus, e sendo considerado, polos deuses, como o home máis fermoso do mundo, foille pedido que xulgase quen era máis fermosa de entre as deusas Atenea, Hera e Afrodita. A vencedora gañaría a mazá de ouro de Eris (deusa da discordia, e que non fora convidada á voda de Peleo e Tetis, pais de Aquiles, que botou a mazá durante a cerimonia, na que figuraba escrito: "Á máis fermosa"). Paris escolleu a Afrodita, como a máis bela das tres, en xulgamento levado a cabo no Monte Ida.

[editar] Guerra de Troia

Afrodita, agradecida, prometeulle a Paris o amor da fermosísima Helena. Helena sería seducida por Paris, quitándolla ao seu marido, Menelao, rei de Esparta, e marchando con ela a Troia, causando así a guerra (Guerra de Troia). Durante a mesma Paris matou a Aquiles, sendo logo el morto por Filotetes, que posuía o arco máxico de Heracles (Hércules).

Na mitoloxía grega, e nomedamente na Ilíada, é coñecido tamén polo nome de Alexandre.

Ferramentas persoais