Amazonas (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amazona ferida. O Capitolio, Roma.
Amazona preparándose para a batalla (Raíña Antíope ou Venus armada), por Pierre-Eugène-Emile Hébert 1860 (National Gallery of Art, Washington, D.C.).

As amazonas (grego: Ἀμαζόνες, Amazónes, singular Ἀμαζών, Amazōn), eran unha nación de mulleres guerreiras na mitoloxía grega e na Antigüidade clásica. Heródoto situounas na rexión de Escitia, en Sarmatia (territorio moderno de Ucraína). Outros historiadores sitúanas en Asia Menor,[1] ou tamén en Libia.[2]

Raíñas notábeis das amazonas foron Pentesilea, que participou na Guerra de Troia, e a súa irmá Hipólita, cuxo cinto máxico, agasallo do seu pai Ares, foi o obxecto dun dos traballos de Heracles. As guerreiras amazonas foron representadas en batallas contra guerreiros gregos en amazonomaquias da arte clásica.

Notas[editar | editar a fonte]