Aracne
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Aracne (en grego antigo ἀράχνη, "araña") era unha famosa traballadora dos labores de bordado que tivera por mestra a Palas (Atenea).
Índice |
[editar] Mito
Aracne era unha moza, filla de Idmón. Vivía no Colofon e alí era unha famosa traballadora dos labores de bordado de tal xeito que recibía encargos de todas as partes do mundo e moitas visitas que contemplaban cheas de pracer as súas primorosas obras. Cando a mirabas tecer, nos seus movementos notábase que fora ensinada por Palas, malia que ela o negaba. A deusa, ofendida, desafiouna a un reto no que as dúas tiñan que tecer e logo comparar as obras para ver cal era a mellor. Palas disfrazada de vella, foi onda Aracne e díxolle que rectificara, que así Palas perdonaríaa. Aracne díxolle enfadada que se tiña fillas que lle dese os consellos a elas, que ela non ía rectificar, e que se de verdade quería que rectificase porque non llo pedía a Palas. Entón Palas apartou a figura da vella e mostrouse. Cada unha colocouse nun lugar e comezaron a tecer. Terminado o traballo puido observarse como a creación da deusa era bastante perfecta pero tamén a de Aracne era dunha beleza sen par. Esta representara diversos episodios da mitoloxía e era especialmente fermosa a representación de Zeus e a choiva de ouro que a acompañaba. Palas, que representara o esplendor dos deuses do Olimpo, non puido encontrar imperfección algunha na obra e chea de envexa destruiuna por completo. Posteriormente, segundo algunhas fontes, Aracne quedou presa nos séculos e estivo a piques de morrer estrangulada. Segundo outra lenda, foi a propia Aracne a que intentou suicidarse chea de dor pola destrución da súa magnífica peza, pero Palas non o permitiu para convertila en araña condenándoa a tecer o resto da súa vida. Hai quen di que Aracne aínda segue tecendo as súas teas dende algún lugar.
[editar] Influencias na arte
O mito de Aracne inspirou a Velázquez para facer o seu cadro "Las Hilanderas".
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Metamorfosis, Ovidio. Alianza Editorial. 2001
- Diccionario de Mitología. Marisa Belmonte, Margarita Burgueño. Ed. Libsa 2003
- Diccionario de Mitología. Griega y Romana. Pierre Grimal. Ed. Paidós 1994
- Peck, Harry Thurston (1898), «Arachne» Harpers Dictionary of Classical Antiquities, xiii.23.