Anfitrión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anfitrión e Alcmena ollan como Hércules esgana serpes, mural de Pompeia

Anfitrión, na mitoloxía grega, era fillo de Alceo e home de Alcmena.
Pterelao devastara o reino de Electrión, tío de Anfitrión, roubando o tesouro da cidade e matando aos oito fillos de Electrión, este para vingar os fillos e recuperar o tesouro da cidade xunta un grande exército e deixa a Anfitrión como rexente, prometéndolle como esposa á súa filla Alcmena. Mentres Electrión combatía, o rei de Elide enviou un mensaxeiro a Micenas anunciando que o tesouro estaba no seu poder e que o restituiría a cambio dun rescate. Anfitrión aceptou, pero á volta de Electrión, acusáronno de complicidade cos ladróns e mata accidentalmente a Electrión. Esténelo, irmán de Electrión e tío de Anfitrión, toma posesión de Micenas e exilia a Anfitrión a Tebas con Alcmena, onde o rei Creonte lles dá asilo. Alcmena négase a consumar o matrimonio mentres Anfitrión non vingue aos seus irmáns. Creonte promételle axuda se libera á cidade do raposo do monte Teumesso, animal semidivino, tan veloz que non podía ser alcanzado por ninguén. Cada mes os tebanos dábanlle un meniño para que o golpe os deixara tranquilos.
Anfitrión pide axuda a Céfalo, un mozo ateniense que posuía un can estraordinario, do que ningún animal escapaba, Lelope. Cefalo aceptou, pero Zeus decide converter os dous animais en estatuas. Anfitrión obtén así o seu exército e parte para reconquistar o seu reino. Durante a súa ausencia, Zeus presentouse a Alcmena, uníndose a ela, desta unión nace Heracles.