Helena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Helena (homónimos).
Cráter ático de figuras vermellas (detalle da cabeza de Helena). 450-440 adC. Museo do Louvre, París.
Helena (en grego Ἑλένη Helénē), ás veces coñecida como Helena de Troia ou Helena de Esparta, é un personaxe da mitoloxía grega; a súa lenda é aludida por case todos os mitos dos helenos. Era filla de Zeus e, pretendida por moitos heroes debido á súa gran beleza, foi seducida ou raptada por Paris, príncipe de Troia, o que orixinou a guerra de Troia. Na antigüidade a cidade de Esparta dedicoulle un culto importante.