Demiúrgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha das representacións do demiúrgo e a cara de león: unha deidade con cabeza de león encontrada nunha xema gnóstica de Bernard de Montfaucon.

O demiúrgo (do grego Δημιουργός Dēmiurgos, "creador"), é considerada a entidade impulsora do universo (sen ser necesariamente creadora) na filosofía gnóstica. Na filosofía idealista de Platón e na mística dos neoplatónicos, é considerado un deus creador do Mundo e autor do universo. Na Grecia Antiga o termo tamén se usaba para designar ás persoas artesás e mestras.

Significación platónica[editar | editar a fonte]

Segundo o mito de Platón, exposto no Timeo, nun inicio no universo só había

materia informe e caos, / ideas, que son perfectas, / o demiúrgo, unha divindade, / espazo.

Segundo Platón o demiúrgo compadécese da materia e copia nela as ideas, obtendo así os obxectos que conforman a realidade. Desta forma explicaba a separación entre o mundo das ideas (que son perfectas) e o mundo real (material), que sendo imperfecto participa como unha copia da perfección.

Gnosticismo[editar | editar a fonte]

O concepto platónico do demiúrgo é retomado polo gnosticismo, que o identifica con Xehová. O que no platonismo era imperfección, no gnosticismo transfórmase en maldade. O Universo era para os gnósticos unha gradación, desde o máis sutil (Deus) até o máis baixo (a materia). Así, o demiúrgo como creador e ordenador do mundo material convértese en encarnación do mal, aprisionando a humanidade e encadeándoa ás paixóns materiais.

Hegel[editar | editar a fonte]

Hegel defendeu a visión do demiúrgo como o proceso do pensamento, que transforma en forza independente e divinizada.