Ateca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Ateca

Ateca é un concello español da provincia de Zaragoza situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A poboación era de 2.059 habitantes en 2005. O municipio ocupa unha área de 84,7 km², o que lle confería unha densidade de poboación de 24,31 hab/km².

É unha localidade con arte mudéxar, que aparece citada no "Cantar de Mío Cid".

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está localizado na riba esquerda do río Jalón, na confluencia con o río Manubles e cerca do lugar onde conflúen o río Mesae máis o Piedra. Hai aquí unha famosa fábrica de chocolate. A altitude media do concello é de 603 msnm. A capital municipal dista uns 100 km da cidade de Zaragoza.

Nome[editar | editar a fonte]

Segundo algúns historiadores idenfícase coa antiga Attacum, mencionada por Ptomoleo. Ten un sufixo celta -acum, -ecum, con xorda intervocálica conservada consonte á fonética mozárabe e aragonesa. Na época de dominio musulmán chamábase Teca, que, casualmente, en árabe significa a antiga.

Porén tense explicado o seu nome, polo vasco, como un derivado de ate "porta".

Festas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]