Gallur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGallur
Imaxe

Localización
Mapa
 41°52′09″N 1°18′58″O / 41.869166666667, -1.3161111111111Coordenadas: 41°52′09″N 1°18′58″O / 41.869166666667, -1.3161111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza
ComarcaRibera Alta del Ebro Editar o valor em Wikidata
CapitalGallur Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.576 (2023) Editar o valor em Wikidata (61,76 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie41,70903 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude254 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio Luciano Liz Gaspar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50650 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE50118 Editar o valor em Wikidata

Páxina webgallur.net Editar o valor em Wikidata

Gallur é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Ribera Alta del Ebro. A súa poboación era de 2.921 habitantes en 2007, cunha área superficial de 41,70 km², o que lle conferúa unha densidade de poboación de 70,05 hab/km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado sobre materiais cuaternarios do río Ebro, na súa marxe dereita e entre ese curso de auga e o Canal Imperial de Aragón. Representa unha encrucillada de camiños naturais e estradas. Dista 50 km da capital provincial, Zaragoza.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do lugar foi o antigo castelo, xa desaparecido, do século XII. En 1138, tivo aquí lugar, a batalla de Gallur, entre navarros e tropas do condado de Barcelona.

Nome[editar | editar a fonte]

Existen dúas explicacións do nome, unha filolóxica e outra popular:

No termo municipal de Gallur atopouse un bronce que mencionaba a celebración duns xogos nun pago dos galos: pagus Gallorum. O Pagus facía referencia a unha agrupación humana intermedia entre a familia e a tribo e, ao tempo, era unha circunscrición territorial. Sen citar este dato, é o étimo aceptado por Nieto Ballester[1]

O escudo de armas do castelo desaparecido tiña un galo, e creuse que por iso o lugar tomou o seu nome. Esta é, en realidade, unha etimoloxía popular.

Na fala baturra ás veces Gallur pode pronunciarse, máis ou menos, Gallud.

Festas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nieto Ballester, Emilio, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. Alianza Ed. 1997, páx. 173

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]