Principado de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principado de Cataluña. Mapa de Jan Baptist Vrients, 1608.

O Principado de Cataluña, e por antonomasia El Principat, é o nome histórico e tradicional de Cataluña. É un termo xurídico (en latín principatus) que aparece no século XIV para indicar o territorio baixo xurisdición das Cortes Catalás, o soberán do cal era o rei do Casal de Barcelona, sen ser formalmente un Reino. Tampouco era un condado, xa que o condado de Barcelona non comprendía a totalidade de Cataluña.

Historia[editar | editar a fonte]

Normalmente utilizouse o título nobiliario de Príncipe polo herdeiro da Coroa. No caso da Coroa de Aragón o herdeiro portaba o título de Duque de Girona, cambiado máis tarde a Príncipe de Xirona. Non se debe confundir, polo tanto, o Principado de Cataluña con un título nobiliario.

A primeira referencia atopouse nas Cortes de Perpiñán, no 1350, presididas polo rei Pedro o Cerimonioso. Semellante, aínda que xa era un termo utilizado informalmente. Ramon Muntaner escribiu na súa Crónica a despedida de Xaime o Xusto ó seu fillo que partia á conquista de Sardeña:

Fillo, deixovos eu a nosa bandeira antiga do Principado de Cataluña, a cal ten un singular privilexio: que endexamais un campo onde a nosa bandeira estivo foi vencido nin desbaratado

Un eufemismo usado previamente nas Cortes de Barcleona do 1283 é o de Universidade de Cataluña para referirse ó conxunto de habitantes do territorio. O termo vai ser institucionalizado no goberno de Eivissa como sinónimo de Generalitat.

O nome de Principado vaise seguir usando nos Decretos da Nova Planta da administración borbónica e foi plenamente vixente ata o século XIX. Os movimentos republicáns preferiron abandonar o nome de Principado, mais, en cambio, os movimentos pancatalanistas preferiron mantelo para referirse á Cataluña estrita, diferenciada da Cataluña Grande ou Países Cataláns. Hoxe, o termo Principado non se atopa recollido no Estatuto de Autonomía de Cataluña, mais continúa a vixente coma denominación tradicional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]