Tarazona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral mudéxar de Trazona

Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes

Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela. Pese a non estar situada nun dos principais eixos de comunicación, a industria exerce un papel moi importante na súa economía.

Historia[editar | editar a fonte]

Praza de touros

Durante a época romana Tarazona foi unha próspera cidade, cuxos habitantes adquiriron o dereito romano (é dicer, gozaban de pleno dereita a cidadanía romana), de nome Turiaso. No Baixo Imperio, a cidade, que adquirira rango episcopal, veuse atacada durante a rebelión dos bagaudas, que a saquearon e asasinaron o seu bispo. Con a caída do imperio sufríu, igual que o resto de zonas urbanas, a decadencia, que sería compensada logo da invasión islámica.

Tarazona foi reconquistada en 1119 por Afonso I de Aragón, recuperando a sede episcopal. Despois da morte de Afonso I, Tarazona ficou como unha cidade fronteiriza entre Castela, Navarra e Aragón, logrando especial importancia estratéxica.

Durante toda a Idade Media conviviron na cidade cristiáns, xudeos e musulmáns. A presencia musulmá ficou reflectida na arquitectura de edificios de estilo mudéxar, como a catedral. Con a expulsión dos mouriscos, a cidade sufríu unha profunda crise.

No século XIV, foi ocupada polas tropas casteláns durante nove anos, ao longo dos cales a catedral sufríu diversos danos.

Xa no século XX, converteuse nun saliente centro industrial, con destaque para a produción de fósforos e téxtil, que a partir dos anos 80 foron substituídas por outras industrias. Actualmente tén unha importante actividade turística, para o que conta con bos hoteis e restaurantes e unha excelente cociña rexional.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Pazo do Concello de Tarazona

Tarazona é unha esvelta cidade monumental. Destaca a maxestuosa catedral de Nosa Señora da Horta de estilo gótico-mudéxar, que leva a restaurarse desde ha máis de 20 anys.

De gran interese é tamén a fachada da Casa do Concello, do século XVI, xunto con a portada renacentista con as figuras de Hércules (suposto mítico fundador da cidade), Pierres, Caco (seres mitolóxicos supostos habitantes do cercano Moncayo) e da procesión de coronación do emperador Carlos V en Boloña. A praza, antigo lugar onde se celebraba o mercado urbano, é lembrada por Gustavo Adolfo Bécquer nas súas Rimas y Leyendas.

Outros lugares a ver[editar | editar a fonte]

O conxunto monumental da Xudaría, corresponde ao antigo barrio dos hebreos da cidade.

Ademais, entre outras edificacións: Convento de N. Sª. da Mercé, dos séculos XVI e XVIII. Convento das Carmelitas de Santa Ana do s. XVII. Convento das Franciscanas de N.S. de la Concepcion dos séculos XIV e XVI. Convento de Carmelitas de San Xoaquín do século XVII. Convento de San Gaudioso do século XVIII. Igrexa da Magdalena dos séculos XII e XVI, con alto campanario mudéxar. Igrexa de San Atilano do século XVIII. Igrexa de San Miguel dos séculos XIV e XVI. Igrexa de San Vicente Mártir do século XVII. Igrexa de San Francisco do século XVI. Igrexa do Carmo do século XVIII. Ermida da Virxe do Río do século XVII. Pazo Episcopal, dos século XIV - XV; o pazo acolle a Exposicion Permanente de Arqueoloxía. Casa de Linares, dos séculos XVI e XVII. Teatro Vello, edificio dos séculos XVI-XVII. Praza de Touros Vella, de 1792, de forma octogonal, convertida en vivendas civís. Teatro das Artes, teatro de tipo italiano de 1921. Mezquita de Tortiles, antiga mezquita islámica. Pazo e Xardín de Eguaras, do século XVI.

Nativos ilustres[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]