Fraga, Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°31′12″N 0°21′0″E / 41.52000°N 0.35000°E / 41.52000; 0.35000

Fraga, Huesca
Bandera de Fraga.svg Escudo de Fraga.svg
Fraga - Vista general con iglesia de San Pedro.JPG
Vista xeral de Fraga.
Situación xeográfica
Bajo Cinca.png
País España España
Comunidade Autónoma Aragón
Provincia Huesca
Comarca Bajo Cinca
Xeografía
Altitude 118 msnm
Superficie 437,64 km²
Poboación
Poboación 14.834 hab. (2013)
Densidade 33,9 hab/km²
Xentilicio Fragatino, -na
Fraguense
Información
Código postal 22520
Alcalde Santiago Miguel Escandil Solanes (PP de Aragón)
Páxina web Páxina oficial de Fraga

Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Bajo Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.

Clima[editar | editar a fonte]

Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 ºC e unhas precipitacións medias de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilergetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.

A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.

Xeolingüística[editar | editar a fonte]

Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.

Patrimonio monumental[editar | editar a fonte]

Torre dos Frades
  • Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mesquita.
  • Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
  • Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
  • Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
  • Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
  • Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.

Nativos ilustres[editar | editar a fonte]

Imaxes de Fraga[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fraga, Huesca

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]