Belchite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°18′33″N 0°44′45″W / 41.3091°N 0.7459°W / 41.3091; -0.7459

Belchite
Bandeira de Belchite Escudo de Belchite
Bandeira Escudo
Calle de Belchite.jpg
País España España
• Com. Autónoma Aragón Aragón
• Provincia Zaragoza
• Comarca Campo de Belchite
Localización  
• Altitude 440 msnm
• Distancia A Zaragoza, 48 km
Superficie n/d
Poboación 1.671 hab. (2009)
• Densidade 6,11 hab./km²
Xentilicio belchitano, na
Fuso horario CET
Código postal 50130
Pref. telefónico 976
Alcaldesa Mª Angeles Ortiz Álvarez
(PSOE)
Festas maiores 14 de setembro
Sitio web www.belchite.es

Belchite (en aragonés Belchit) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, situado a 49 km da capital. Ten unha poboación de 1.692 habitantes e 273,58 km². Coñécese por ser escenario dunha das batallas simbólicas da Guerra civil española, a Batalla de Belchite. Como consecuencia dos enfrontamentos, a vila foi completamente destruída. En lugar da súa reconstrución, o réxime de Francisco Franco optou por crear unha vila nova ao carón (hoxe coñecido como Belchite nuevo), deixando intactas as ruínas do anterior como recordo da guerra civil e do que se consideraron excesos do bando vencido.[1] O conxunto, hoxe en día abandonado e en parte pechado ao paso de persoas coñécese como Pueblo Viejo de Belchite.

Historia[editar | editar a fonte]

Idade contemporánea[editar | editar a fonte]

Na vila localízanse dúas batallas importantes da historia de España: a Batalla de Belchite de 1809, desenvolvida durante a Guerra da Independencia española; e a Batalla de Belchite de 1937, desenvolvida durante a Guerra Civil Española.

Como consecuencia da Guerra Civil a vila quedou completamente arrasada, se ben até entón chegara a ser unha vila de certa importancia, albergando até dous mosteiros e varias igrexas. Franco decidiu reconstruílo xusto ao carón, deixando as ruínas da vila vella de Belchite intactas como recordo da contenda. Os encargados da construción da nova vila foron principalmente prisioneiros republicanos, para os cales habilitouse un campo de concentración nas proximidades, cuxos restos aínda se conservan, e que permaneceu aberto desde 1940 até 1945, chegando a albergar a 1.000 prisioneiros a cargo da Dirección General de Regiones Devastadas. Os derradeiros habitantes do Belchite vello abandonaron as súas ruínas en 1964 para reasentarse na nova vila.[2] As ruínas, sen acondicionar para o turismo, son visitadas por máis de 10.000 persoas ao ano.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belchite