Litago
Litago é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca de Tarazona y el Moncayo. A súa poboación era de 195 habitantes en 2004 (INE) nunha superficie de 15,41 km², o que lle outorgaba unha densidade de poboación de 12,65 hab/km². Dista 85 km da capital provicial.
Xeografía [editar]
Está localizado no centro-leste da comunidade autónoma, no Somontano do Moncayo, a 781 metros de altitude.
Nome [editar]
A terminación -ago do nome é unha evolución de -acum, sufixo tamén empregado en galorromano, e serve para derivar o nome dunha propiedade a partir do onomástico do seu dono; de xeito que ten o mesmo valor aproximado que o -anum hispanorromano. A presencia de topónimos en -acum en Hispania (Lechago, Sayago, Vidago) é interpretada de formas diferentes e algúns autores cren que pode ser explicado por un substrato celta.
Festas [editar]
- San Sebastián, 20 de xaneiro.
- 6 de maio.
- Patronais, 18 de agosto.