Botorrita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botorrita é unha localidade e un concello aragonés situado no sur da Comarca de Zaragoza. A súa poboación era de 526 habitantes en 2007. O término municipal ocupa unha área de 19.8 km².
Índice |
Xeografía [editar]
A localidade está localizada na conca do río Huerva, ao pé das súas augas e dista 22 km da cidade de Zaragoza. O concello ten unha altitude media de 394 msnm.
O termo municipal linda cos concellos de Mozota, La Muela, María de Huerva e Jaulín.
Historia [editar]
Está identificada coa antiga Contrebia Belaiska. Os belaiscos eran celtíberos submetidos aos iberos sedetanos. Son famosos os bronces de Botorrita, escritos no século I a.C., nunha primeira fase de romanizazión, cando aínda se empregaban na escrita as linguas prerromanas, neste caso o celtibérico en alfabeto ibérico.
Festas [editar]
- San Miguel, 8 de maio.
- Santo Agostiño, 28 de agosto.
- Virxe do Rosario, primeira semana de ouubro.