Tauste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre mudéxar da parroquia de Santa María.

Tauste (Taust en lingua aragonesa) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, pertencente á comarca das Cinco Villas e ao partido xudicial de Ejea de los Caballeros. Desde o punto de vista eclesiástico, pertence á diocese e arquidiocese de Zaragoza.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal ten 405 km². A capital, situada a 267 metros de altura, está a 42 km da capital, Zaragoza. É a máis meridional das Cinco Vilas de Aragón e atópase situada na marxe esquerda do río Arba próximo á súa desembocadura no río Ebro. Limita ao norte con Ejea de los Caballeros e Castejón de Valdejasa. Ao sur co río Ebro, Gallur e Pradilla de Ebro. Ao leste con Zaragoza e Remolinos. E ao oeste coas Bardenas de Navarra.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes son difíciles de precisar e aínda que existen numerosos restos de distintas épocas, non dispomos de datos ata o século VIII.

O núcleo primitivo da vila, cun trazado de rúas estreitas, tortuosas e ruelas sen saída recórdanos a súa orixe árabe. En 1105, Afonso I incorporouna ao Reino de Aragón tras a súa reconquista, pero o empuxón definitivo para a súa consolidación e desenvolvemento produciuse con de a concesión dunha Carta de Poboación que propiciou a súa primeira expansión urbana ao favorecer o asentamento no lugar de novos poboadores, atraídos polas condicións fixadas no documento.

Nos séculos posteriores construíronse os seus edificios máis senlleiros: a torre e igrexa de Santa María, as igrexas de San Antón e San Miguel, o mosteiro de San Jorge e o santuario da Virxe de Sancho Abarca.

Xa no século XIII sangrouse o río Arba e pouco despois iniciouse a construción do Canle de Tauste, dando orixe a un das canles de rega máis antigos do noso país. Deste xeito, os momentos de maior auxe económico e crecemento demográfico déronse no Renacemento. A vida viraba ao redor dunha potentísima gandería lanar, organizada en torno a Casa de Gandeiros, e a unha agricultura en auxe polo movemento roturador e o avance do regadío.

Ao longo do século XX dáse o despregamento definitivo. En 1954 aprobouse o Plan Xeral de Colonización de Bardenas e creáronse dúas pequenas aldeas no termo de Tauste: Sancho Abarca, Santa Engracia e Ejea de los Caballeros. Nos últimos anos estase dando un forte desenvolvemento en todos os sentidos. Nos Polígonos instaláronse novas empresas e seguen latentes as expectativas de desenvolvemento agrícola coa posta en marcha da segunda parte do Plan Bardenas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica do municipio de Tauste
1900 1920 1940 1960 1981 1990 1995 1998
Poboación 4.630 5.781 6.214 6.634 7.048 7.212 7.030 6.998
1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
Poboación 6.977 6.932 6.978 7.207 7.247 7.289 7.412 7.503