Xoán IV de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán IV de Portugal.
Escudo de Xoán IV de Portugal.

Xoán IV de Portugal (en portugués João IV), alcumado O Afortunado ou O Restaurador, nado en Vila Viçosa en 1604 e finado en Lisboa o 6 de novembro de 1656, foi rei de Portugal entre 1640 e 1656, primeiro monarca da casa de Bragança.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Fillo de Teodosio de Bragança, duque de Bragança, e da súa esposa Ana de Velasco, naceu o 19 de marzo de 1604.

Por liña materna descendía do rei Manuel I de Portugal, e como duque de Bragança descendía tamén de Xoán I de Portugal por liña feminina.

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocedade Filipe IV de Castela reinou en Portugal como descendente por liña feminina do rei Manuel. A Dinastía Habsburgo fixérase co poder en Portugal ao derrotar en 1580 ao proclamado rei Antonio I de Portugal na batalla de Alcántara. O caràcter relixioso e pacífico do duque de Bragança impedíalle facer prevaler os seus dereitos lexítimos. A súa esposa Luísa de Guzmán impulsouno a ocupar o trono portugués, iniciando unha revolución o 1 de decembro de 1640, que acabaría por conseguir expulsar os casteláns.

A súa ascensión conlevou unha guerra contra a Coroa de Castela, que rematará en 1668, co recoñecemento da independencia de Portugal. As alianzas asinadas por Portugal con Francia e Suecia, en xuño e agosto de 1641, enmarcadas na Guerra dos Trinta Anos, realizaronse para poder facer fronte aos intereses casteláns en Portugal, así como fronte os holandeses nas colonias portuguesas, especialmente o Brasil.

En Portugal a invasión española comezou en 1641, sendo reducida en Montijo en 1650. En xaneiro daquel mesmo ano os holandeses tomaron Malaca e en 1648, no sultanato de Oman, tomaron Muscat. En 1654 o Brasil tornou a mans portuguesas, unha aspiración holandesa que non se veu comprida, mais Portugal veu caer en mans holandesas a illa de Sri Lanka en 1656.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

O futuro Xoán IV casou en 1633 en Elvas con Luísa de Guzmán (en portugués dita Luísa de Gusmão), filla de Juan Manuel Pérez de Guzmán, duque de Medina-Sidonia. Desta unión naceran:

Tivo unha filla natural:

  • María de Bragança (1644-1693), relixiosa
Rei de Portugal

Segue a:
Filipe III
Xoán IV de Portugal
Precede a:
Afonso VI
Dinastía de Braganza