Filipe III de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe III de Castela e II de Aragón e Portugal.

Filipe III de España[1][2][3][4][5] e II de Portugal, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Filipe II e Ana de Austria, sucedeu ao seu pai en 1598. Ao ano seguinte casou con Dona Margarida de Austria coa que tivo oito fillos.

Durante o seu reinado, o sistema de goberno foi o mesmo que o dos primeiros Austrias, aínda que pronto se substituíu polo poder delegado nun valido, debido á insuficiente capacidade do monarca. Así, desde o comezo do seu reinado, o monarca puxo os asuntos de Estado en mans do seu valido Francisco de Gómez de Sandoval y Rojas, marqués de Denia e, máis tarde, duque de Lerma.

Entre 1601 e 1606 trasladou a corte a Valladolid. En 1609 asinouse a Tregua dos Doce Anos cos Países Baixos, que representaba o recoñecemento oficial da existencia dos Países Baixos como estado independente. Esta paz permitiu ao goberno enfrontarse co problema dos mouriscos, cuxa integración na sociedade española se fixo moi difícil tralas sublevacións das Alpuxarras, sendo ese mesmo ano, 1609, cando decidiu a súa expulsión por motivos relixiosos e de seguridade interior.

Pero este período de paz finalizou en 1618 ao comezar a guerra dos Trinta Anos, na que España apoiou ao emperador Fernando II de Austria en contra do elector do Palatinado, Federico V.

Tamén en 1618 e debido ao deterioro da situación política e a crise económica, Filipe III viuse obrigado a substituír a Lerma polo seu fillo, o duque de Uceda, pero limitándoo nas súas funcións e, xa que logo, restándolle poder. O reinado de Filipe III supuxo o mantemento da hexemonía española no mundo, pero as súas dificultades económicas e a cesión do goberno a privados ou validos predicía xa o declive do Imperio.

Con Dona Margarida de Austria, Filipe III tivo oito fillos:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Feros, Antonio. Kingship and Favouritism in the Spain of Philip III, 1598-1621. Cambridge: Cambridge University Press. (2006)
  2. Sánchez, Magdalena S.; Saint-Saëns, A. (eds). Spanish women in the golden age: images and realities. Greenwood Publishing Group. (1996)
  3. Rodriguez Franco, N. Memorias para la historia de don Felipe III, rey de España. 1723
  4. Menéndez Pidal, R. Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.
  5. Allen, Paul C. Felipe III y la Pax Hispánica, 1598-1621 : el fracaso de la gran estrategia. Madrid : Alianza, D.L. 2001. ISBN 84-206-6772-2
Filipe III de España
Nacemento: 14 de Abril 1578 Falecemento: 31 de Marzo 1621


Títulos Reais
Precedido por
Filipe II das Españas
e I de Portugal


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León,
Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén, Alxeciras, e Granada

1598–1621
Sucedido  por
Filipe IV das Españas
e III de Portugal
Rei de Portugal e dos Algarves
1598–1621
Rei de Aragon, Sicilia, Valencia, Mallorca, Nápoles,
Conde de Barcelona

1598–1621
Duque de Luxemburgo, Marques de Namur e Conde de Flandres,
Conde de Hainaut, Holanda e Zeeland,
Conde de Borgoña

1598–1621
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Diego


Príncipe de Asturias
1582–1598
Sucedido  por
Filipe
(futuro Filipe IV de España)
Príncipe de Xirona
1582–1598
Príncipe de Portugal
1582–1598
Sucedido  por
Ana de Austria
Títulos Honoríficos
Precedido por
Filipe II das Españas
e I de Portugal


Rei Católico das Españas
1582–1598
Sucedido  por
Filipe IV das Españas
e III de Portugal