Fernando II de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando II de Portugal
FernandoIIPortugal.jpg
Fernando Augusto Francisco Antonio de Saxonia Coburgo Gota Koháry
Rei Consorte de Portugal (iure uxoris)
Período: 16 de setembro de 1837 - 15 de novembro de 1853
Antecesor: Miguel I de Portugal
Sucesor: Pedro V de Portugal
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 29 de outubro de 1816
Lugar: Viena, Austria
Falecemento: 15 de decembro de 1885
Lugar: Lisboa, Portugal
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: María II de Portugal
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Fernando II de Portugal, nado coma Fernando Augusto Francisco Antonio de Saxonia Coburgo Gota Koháry[1] en Viena o 29 de outubro de 1816 e finado en Lisboa o 15 de decembro de 1885, foi o Príncipe e, posteriormente, rei consorte de Portugal polo seu casamento a raíña D. María II en 1836.

De acordo coas leis portuguesas, D. Fernando de Saxonia Coburgo Gota Koháry tornouse rei de Portugal iure uxoris, só despois do nacemento do primeiro Príncipe, que foi o futuro D. Pedro V, en 1837. Desa forma, cesa na Casa Real portuguesa a varonía de D. Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, D. María I, casara co tío D. Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Saxonia Coburgo Gota nas veas dos Bragança.

Aínda que fose D. María II a detentora do poder, D. Fernando evitar sempre que sexa posible a política, preferindo involucrar-se coa arte[2].

D. Fernando II foi rexente do reino por catro veces, durante os embarazos de D. María II, despois da súa morte en 1853 e cando o seu segundo fillo, o rei D. Luís I, e a raíña D. Maria Pia de Savoia se ausentou de Portugal para asistir á Exposición de París en 1867.

El foi coñecido na historia de Portugal como "O Rei Artista".

Familia[editar | editar a fonte]

Era o primoxénito do príncipe Fernando de Saxonia Coburgo Gota, irmán do duque Ernesto I e do rei Leopoldo I dos Belgas, e da súa dona, María Antonia de Koháry. Tiña tres irmáns menores: Augusto, Vitoria e Leopoldo.

O príncipe creceu en varios lugares: nas terras da súa familia na actual Eslovaquia e nas cortes austríacas e as xermánicas.

Tronos Grego e Español[editar | editar a fonte]

En 1862, houbo unha revolta en Grecia contra o rei Odón I e ofrece-se o trono grego a D. Fernando II, pero este negouse.

En 1868, unha revolución expulsou a Raíña Isabel II de España e a súa familia, e o goberno provisional Español, non desexando establecer unha República, ofreceu a coroa a D. Fernando II, entón con corenta e nove anos. Tamén rexeitou a proposta.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fernando II de Portugal
  1. Ferdinand August Franz Anton von Sachsen-Coburg-Gotha-Koháry, en alemán
  2. D. Fernando II, O Rei Artista (1816-1885)
Rei Consorte de Portugal

Segue a:
Miguel I de Portugal
Fernando II de Portugal
Precede a:
Pedro V de Portugal
Dinastía de Braganza