Pedro I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro I de Portugal ¨O xusto¨

D. Pedro I, nado en Coimbra o 8 de abril de 1320 e finado en Estremoz o 18 de xaneiro de 1367, foi o oitavo Rei de Portugal. O rei mereceu os alcumes de O Xusticeiro (xunto con O Cruel, O Cru ou O Vingativo), pola enerxía posta en vingar o asasinato de Inés de Castro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro I era fillo do rei Afonso IV e súa dona, a princesa Beatriz de Castela. Pedro I sucedeu ó seu pai no ano 1357.

Pedro foi coñecido pola súa relación con Inés de Castro, a aia galega da súa muller Constança, quen influenciou fortemente na política interna de Portugal no reinado de Afonso IV. Inés acabou asasinada por orde do rei en 1355, o que non fixo que Pedro volvese a estar baixo a influencia paterna. Ó contrario, entre 1355 e a súa ascensión o trono, Pedro púxose encontra do seu pai polo menos dúas veces e nunca lle perdoou o asasinato de Inés. Unha vez coroado rei, en 1357, Pedro anunciou o casamento con Inés, realizado en segredo antes da súa morte, e a coa intención de a ver lembrada como Raiña de Portugal.

Este feito baseouse apenas na palabra do Rei, xa que non existiron rexistros de tal unión. Dous dos asasinos de Inés foron collidos e executados (Pêro Coelho e Álvaro Gonçalves) cunha brutalidade tal (a un lle foi arrincado o corazón polo peito, e ó outro polas costas),o que lle valeron os alcumes mencionados. Conta tamén a tradición que Pedro mandou desenterrar o corpo da súa amada, coroándoa como Raíña de Portugal, e obrigando ós nobres a procederen á cerimonia de bicar a man real do cadáver, baixo pena de morte se non o facían. Trala cerimonia, ordeou a construción de dous túmulos (verdadeiras obras mestras da escultura gótica en Portugal), os cales foran colocados nas naves laterais do mosteiro de Alcobaça para que, no día do Xuízo Final, os eternos amantes, entãón resuscitados estiveran xuntos.

Como rei, Pedro revelouse como un bo administrador, defendendo ao país da influencia papal (foi el quen promulgou o Beneplácito Rexio, que impedía a libre circulación de documentos eclesiásticos no país sen a súa autorización expresa). Na política externa, Pedro participou ó lado de Aragón na invasión de Castela.

D. Pedro reinou durante dez anos, conseguindo sendo moi popular.

Os restos do rei Don Pedro xacen no Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Modelo:End

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Pedro I de Portugal
Nacemento: 8 de abril 1320 Falecemento: 18 de xaneiro 1367


Títulos Reais
Precedido por
Afonso IV


Rei de Portugal e dos Algarves
1357 – 1367
Sucedido  por
Fernando I