Duarte de Portugal
| Duarte de Portugal | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarbe, e Señor de Ceuta | |||
| Período: | 14 de agosto de 1433 - 9 de setembro de 1438 | ||
| Antecesor: | Xoán I de Portugal | ||
| Sucesor: | Afonso V de Portugal | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 31 de outubro de 1391 | ||
| Lugar: | Viseu, Portugal | ||
| Falecemento: | 9 de setembro de 1438 | ||
| Lugar: | Tomar, Portugal | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Leonor de Aragón | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
D. Duarte I de Portugal (31 de outubro de 1391 - 9 de setembro de 1438), foi rei de Portugal, fillo de Xoán I de Portugal con Filipa de Lencastre. Duarte sucedeu a seu pai en 1433. Foi alcumado O Elocuente polo verbo empregado nas obras que escribiu, alternativamente, é tamén chamado O Rei-Filósofo. Era un dos príncipes da "Ínclita Xeración". Recebeu o seu nome en homenaxe ao avó de súa nai, o rei Eduardo III de Inglaterra.
Reinado [editar]
Durante o seu reinado, o seu irmán Henrique estableceuse en Sagres, dende onde dirixiu as navegacións: así, en 1434 Gil Eanes dobrou o Cabo Bojador, un punto lendario da época, cuxa travesía causaba terror aos mariñeiros; aí avanzou - para Angra dos Vermellos en 1435, e Afonso Gonçalves Baldaia alcanzou o Río de Ouro e Pedra da Galé en 1436.
Fóra da esfera política, Duarte foi un home interesado en cultura e coñecemento. Escribiu libros de poesía e prosa. Destes últimos destaca o Leal Conselheiro (un ensaio sobre diversos temas onde a moral e relixión teñen especial enfoque) e o Livro da Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela (en forma de manual para cabaleiros). Estaba a preparar unha revisión do código civil portugués cando a Peste negra matoulle.
Descendencia [editar]
Da súa esposa, a infanta Leonor de Aragón (1402-1455), tivo nove fillos. A raíña foi rexente do reino ata Afonso V acadar a maioría de idade, o que xerou controversia no reino, pois a opinión pública consideraba os infantes D. Pedro, D.Henrique e D. Xoán máis capaces para a rexencia.
D. Leonor se mantivo rexente ata 1440, asinando os actos rexios como «a triste raíña", e nese ano foi substituída polo Infante D. Pedro e afastada da corte. Exiliouse en España e morreu en Toledo. Deste casamento naceron:
- D. Xoán de Portugal (1429-1433), morreu novo.
- D. Filipa de Portugal (1430-1439), morreu novo.
- D. Afonso V de Portugal (1432-1481), sucesor do seu pai no trono portugués
- D. Maria de Portugal (nacida e morta en 1432)
- D. Fernando de Portugal, duque de Viseu (1433-1470), pai do rei Manuel I de Portugal
- D. Leonor de Portugal (1434-1467), casou con Federico III, Sacro Imperador Romano Xermánico
- D. Duarte de Portugal (nado e morto en 1435)
- D. Catalina de Portugal (1436-1463)
- D. Xoana de Portugal (1439-1475), casou co rei Henrique IV de Castela e foi nai de Xoana a Beltranexa ou A Excelente Señora.
Ligazóns externas [editar]
- (en portugués) Chronica de El-Rei D. Duarte, Rui de Pina (1440-1522), Porto: Renascença Portuguesa, 1914, na Biblioteca Nacional Digital
| Rei de Portugal | ||
|---|---|---|
Segue a: Xoán I de Portugal |
Duarte de Portugal | Precede a: Afonso V de Portugal |
| Dinastía de Avis | ||