Henrique I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique I de Portugal
17- Rei D. Henrique - O Casto.jpg
Don Henrique
Período: 4 de agosto de 1578 - 31 de xaneiro de 1580
Antecesor: Sebastián I de Portugal
Sucesor: Consello de Gobernadores do Reino de Portugal
António, Prior do Crato - como rei, disputador do trono
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 31 de xaneiro de 1512
Lugar: Lisboa, Portugal
Falecemento: 31 de xaneiro de 1580
Lugar: Almeirim, Portugal
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe:
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

D. Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de D. Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde D. Henrique, por aqueles chamado D. Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique era o quinto fillo home de D. Manuel I e da súa segunda muller María de Aragón, e era irmán máis novo do rei D. Xoán III. Como se comprende, Henrique non tivera a esperanza de subir ao trono.

Ben cedo na súa vida, Henrique recibiu o sacramento da orde, para promover os intereses portugueses na Igrexa Católica, na época dominada pola España. El subiu cedo na xerarquía da Igrexa, sendo rapidamente Arcebispo de Braga, primeiro arcebispo de Évora, arcebispo de Lisboa e aínda inquisidor maior antes de recibir o título de Cardeal, co título dos Catro Santos Coroados (1546). Aínda que nunca teña asistido a conclave ningún, chegou a ser apuntado como un dos favoritos a suceder no trono de San Pedro nos dous conclaves de 1555.

Despois da desastrosa Batalla de Alcácer-Quibir en 1578, despois de recibir a confirmación da morte do rei Sebastián de Portugal, no mosteiro de Alcobaça, acabou por suceder ao sobriño-neto. Henrique renunciou entón ao seu posto clerical e buscou inmediatamente unha noiva para así poder dar continuidade á dinastía de Avis, pero o Papa Gregorio XIII, que era un familiar dos Habsburgo, non o liberou dos seus votos.

Foi aclamado rei na igrexa do Hospital de Todos os Santos, no Rossio, sen grandes festexos. Caberíalle resolver o rescate dos moitos cativos en Marrocos. O reino, entón xubiloso pola xuventude que D. Sebastián líder, perdía o ánimo coa noticia e esixía vinganza ao rei que, con todo, enfermou.

Mesmo co serio problema da sucesión en mans, D. Henrique nunca aceptou a posibilidade de nomear o Prior do Crato, outro seu sobriño, herdeiro do trono, pois non recoñecía a lexitimidade de D. Antonio. En consecuencia, despois da súa morte, de feito D. Antonio subiu ao trono pero non conseguiu mantelo, perdéndoo para o seu curmán Filipe II de España, na batalla co duque de Alba.

Modelo:End

Henrique I de Portugal
Nacemento: 31 de Xaneiro de 1512 Falecemento: 31 de Xaneiro de 1580


Títulos Reais
Precedido por
Sebastián


Rei de Portugal e dos Algarves
1578 – 1580
Sucedido  por
Antón I