Sebastián I de Portugal
| Sebastián I de Portugal | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarbes, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopia, Arabia, Persia e India, etc. | |||
| Período: | 11 de xuño de 1557 - 20 de xaneiro de 1568 (fin da rexencia) - 4 de agosto de 1578 | ||
| Antecesor: | Xoán III de Portugal | ||
| Sucesor: | Henrique I de Portugal | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Monarca: | {{{monarca1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 20 de xaneiro de 1554 | ||
| Lugar: | Lisboa, Portugal | ||
| Falecemento: | 4 de agosto de 1578 | ||
| Lugar: | Alcácer Quibir, Marrocos | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | |||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Parentes: | {{{parentes}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Don Sebastián I de Portugal, nado en Lisboa o 20 de xaneiro de 1554 e finado en Alcácer Quibir (Marrocos) o 4 de agosto de 1578, foi Rei de Portugal e Algarbes, D'Aquén e D'Alén Mar. Por mor de ser o herdeiro esperado para dar continuidade á dinastía de Avis, foi alcumado de "O Desexado" é tamén lembrado como "O Cuberto" ou "O Durmido", debido á lenda que se refire ao seu regreso do campo de Batalla de Alcácer Quibir nunha mañá de neboeiro, para salvar a nación.
Traxectoria[editar]
Era neto de Don Xoán III, a quen sucedeu aos tres anos. Ata os 14 anos, o reino tivo como rexentes a Catarina de Austria e o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora. Aos 14 anos, D. Sebastián asume o goberno. Soñaba con batallas, conquistas e a expansión da fe, profundamente convencido de que sería o capitán de Cristo nunha nova cruzada contra os musulmáns do Norte de África.
Na batalla de Alcácer-Quibir, o campo dos tres reis, os portugueses sufriron unha derrota nas mans do sultán Ahmed Mohamed de Fez e perderon unha boa parte do seu exército. En canto a Sebastián, probabelmente morreu na batalla ou foi morto despois desta rematar. Pero para o pobo portugués de entón o rei só desaparecera. Este desastre tería as peores consecuencias para o país, poñendo en perigo a súa independencia. O rescate dos superviventes agravou aínda máis as dificultades económicas do país.
Tornouse entón nunha lenda do gran patriota portugués - o rei durminte "(ou un Mesías) que ía regresar para axudar a Portugal nas súas horas máis sombrizas, unha imaxe semellante á que o Rei Artur ten en Inglaterra ou Federico Barbarroxa en Alemaña.
Como morreu sen descendencia, sucedeulle o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora.
| Rei de Portugal | ||
|---|---|---|
Segue a: Xoán III de Portugal |
Sebastián I de Portugal | Precede a: Henrique I de Portugal |
| Dinastía de Avis-Bexa | ||