Orde da Xarreteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Insignia da Orde da Xarreteira

A Orde da Xarreteira (en inglés Order of the Garter) é unha orde militar creada por Eduardo III de Inglaterra, a máis importante comenda do sistema honorífico do Reino Unido. Suponse que foi creada para destacar os esforzos de Inglaterra na cruzadas para conquistar Terra Santa.

Características[editar | editar a fonte]

Na lenda asociada á creación desta Orde, Eduardo III estaba danzando coa Condesa de Salisbury nunha gran festa da corte, cando esta deixou caer a súa xarreteira. Ao apañala do chan e amarrala de novo na súa perna, o rei reparou que os presentes fitábanos con sorrisos e murmurios. Irado, exclamou: «Honni soit qui mal y pense» ( "avergóñese quen nisto ve malicia"), frase que se tomou como lema da orde. Tamén dixo que aquela pequena xarreteira azul sería tan gloriosa que todos a haberían desexar.

Sendo esta historia verdadeira ou non, a Orde do Xarreteira foi, de feito, creada por Eduardo III, o seu símbolo é unha xarreteira azul escura, de rebordo dourado, en que aparecen inscritas, en francés, as palabras ditas polo rei. O monarca reinante do Reino Unido é sempre o gran mestre da Orde. Ademais do gran mestre existen os cabaleiros reais, nos cales se inclúe sempre ao Príncipe de Gales (o monarca pode tamén nomear varios membros máis da familia real), os cabaleiros extranumerarios (monarcas reinantes de países estranxeiros nomeados polo británico) e os cabaleiros ou damas-compañeiras (24 personalidades nomeadas polo monarca británico).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Orde da Xarreteira