Xosé I de Portugal
| Xosé I de Portugal | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarbes, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopia, Arabia, Persia e India, etc. | |||
| Período: | 31 de xullo de 1750 - 24 de febreiro de 1777 | ||
| Antecesor: | Xoán V de Portugal | ||
| Sucesor: | María I de Portugal | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 6 de xuño de 1714 | ||
| Lugar: | Lisboa, Portugal | ||
| Falecemento: | 24 de febreiro de 1777 | ||
| Lugar: | Lisboa, Portugal | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Mariana Vitoria de Borbón | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Dom Xosé I de Portugal (nome completo: José Francisco António Inácio Norberto Agostinho de Bragança; 6 de xuño de 1714 - 24 de febreiro de 1777), alcumado "O Reformador" debido ás reformas que emprendeu durante o seu reinado, foi rei de Portugal da dinastía de Bragança dende 1750 ata a súa morte. Casou en 1729 con Mariana Vitoria de España.
Índice |
Traxectoria [editar]
O reinado de Xosé I está especialmente marcado polas políticas do seu primeiro ministro, o Marqués de Pombal, que reorganizou as leis, a economía e a sociedade portuguesas, transformando Portugal nun país moderno. O 1 de novembro de 1755, Xosé I e a súa familia sobreviviran ao derrubamento do Pazo Real no Terremoto de Lisboa por se atoparen en Belém. Despois desta data, Xosé I gañou unha fobia de recintos pechados e viviu o resto da súa vida nun complexo luxosos de tendas no Alto da Ajuda, en Lisboa. Outro punto alto do seu reinado foi a tentativa de asasinato que sufriu o 3 de setembro de 1758 e o subsecuente proceso dos Távora. Os Marqueses de Távora, o duque de Aveiro e familiares próximos, acusados da súa organización, foron executados ou colocados no cárcere, mentres que a Compañía de Xesús foi declarado ilegal e os xesuítas expulsados de España e das colonias.
Todo o reinado é caracterizado pola creación de institucións, especialmente no eido económico e educativo, co fin de adaptar o país ás grandes transformacións que estaban sendo operadas. Fúndase a Real Xunta de Comercio, o erario Rexio, a Real Mesa Censoria; refórmase o ensino superior, créase o ensino secundario (Colexio dos Nobres, Aula de Comercio) e o primario (mestres rexios); reorganizáse o exército. En materia de política exterior, D. Xosé conservouse na política de neutralidade adoptada polo seu pai. Ten en conta tamén, o corte de relacións coa Santa Sé, que durou 10 anos.
| Rei de Portugal | ||
|---|---|---|
Segue a: Xoán V de Portugal |
Xosé I de Portugal | Precede a: María I de Portugal |
| Dinastía de Braganza | ||
Descendencia [editar]
De seu casamento, tivo catro fillas:
- D. Maria Francisca (1734-1816)
- D. Maria Ana Francisca (1736-1813)
- D. Maria Francisca Doroteia (1739-1771)
- D. Maria Francisca Benedita (1746-1829)