Liga ACB 2003-04

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2003-04 da Liga ACB foi a 21ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o FC Barcelona derrotou ó Adecco Estudiantes, acadando o seu 14º campionato nacional de liga.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:

Pos Equipo Xog G P P+ P-
1 TAU Cerámica 34 28 6 2964 2668
2 FC Barcelona 34 23 11 2606 2462
3 Pamesa Valencia 34 23 11 2841 2659
4 Adecco Estudiantes 34 20 14 2750 2642
5 Real Madrid CF 34 20 14 2846 2727
6 Unicaja Málaga 34 20 14 2621 2623
7 Auna Gran Canaria 34 17 17 2551 2529
8 DKV Joventut 34 16 18 2829 2759
9 Ricoh Manresa 34 16 18 2707 2697
10 Unelco Tenerife 34 16 18 2651 2715
11 Fórum Valladolid CB 34 16 18 2798 2844
12 Caja San Fernando 34 15 19 2708 2684
13 Casademont Girona 34 15 19 2735 2785
14 Etosa Alicante 34 14 20 2558 2633
15 Leite Río Breogán Galicia 34 14 20 2714 2818
16 Caprabo Lleida 34 13 21 2673 2790
17 Jabones Pardo Fuenlabrada 34 13 21 2704 2932
18 Polaris World Murcia 34 7 27 2565 2854
Lenda
Clasificados para a Euroliga 2004-05
Clasificados para a Copa ULEB
Descenden á Liga LEB

Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra

Rolda final[editar | editar a fonte]

Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión tivo que gañar 9 encontros para poder acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 TAU Cerámica  3
  8 DKV Joventut  0  
  1 TAU Cerámica  2
    4 Adecco Estudiantes  3  
  4 Adecco Estudiantes  3
  5 Real Madrid CF  1  
  2 FC Barcelona  3
    4 Adecco Estudiantes  2
  3 Pamesa Valencia  2
  6 Unicaja Málaga  3  
  2 FC Barcelona  3
    6 Unicaja Málaga  0  
  2 FC Barcelona  3
  7 Auna Gran Canaria  1  


O campión da edición 2003-2004 da Liga ACB foi o FC Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]