CB Sant Josep
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga LEB | |
| Fundado | 1962 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Palau Girona-Fontajau (5.049) | |
| Cores | Azul, branco | |
| Historia | Club Bàsquet Girona (1989-2008) Club Bàsquet Sant Josep (dende 2008) |
|
| Presidente | Francesc Ferroni | |
| Adestrador | Borja Comenge | |
| FIBA EuroCup | 1 (1999) | |
| Sitio Web | www.cbsantjosepgirona.cat | |
O Club Bàsquet Sant Josep é un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Foi fundado en 1962. En 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Xirona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Trala finalización da tempada 2007-2008 a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto basee.[1]
Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a FEB permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de CB Sant Josep, na LEB Bronce para a tempada 2008-2009.[2] Desde a tempada 2009-10 milita na segunda categoría do baloncesto español, a LEB Ouro, á que accedeu trala merca dos dereitos federativos do CB Vic no verán de 2009.