CB Peñas Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peñas Huesca
Palacio de los Deportes Huesca.jpg
Competición España Liga LEB Ouro
Fundado 1977
Cidade España Uesca
Pavillón Palacio Municipal (4.906)
Cores      Verde
Presidente Manuel Freire
Adestrador Quim Costa
Sitio Web www.cbphuesca.net

O Club Baloncesto Peñas Huesca é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Uesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Ouro.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca no verán do ano 1977 (aínda que constituído legalmente o 24 de agosto de 1981), cando as "peñas" da cidade se adheriron ao proxecto de crear un equipo profesional de baloncesto. Esta entidade oscense comezou a súa andaina na tempada 1977-1978 na Terceira División e, aos poucos, foi ascendendo até chegar á Liga ACB na tempada 1983-1984.

O debut na ACB saldouse cun descenso pero no curso baloncestístico 1985-1986, tras un ano afastado da elite, o Peñas consolidouse como equipo ACB, iso si, sempre co obxectivo anual de salvar a categoría. Tras conseguir a permanencia nunha eliminatoria contra o Festina Andorra en 1996, os directivos do club víronse obrigados a vender a praza de ACB ao Baloncesto Fuenlabrada, xa que a situación económica era insustentable.

Ese ano o club é refundado Club Baloncesto Peñas Recreativas de Huesca, e dese xeito, a seguinte tempada disputou a primeira edición da LEB, contando cun orzamento baixo. A tempada non foi boa, aínda que logrou manterse na categoría. No entanto, o Peñas abandonou a LEB trala salvación, mantendo unicamente en competición os seus equipos de canteira na tempada 1997-1998. Na seguinte tempada, o equipo senior inscribiuse na Liga EBA e obtivo bos resultados durante o tempo que permaneceu nesta categoría. Nos anos 2003 e 2004, o club oscense xogou a fase de ascenso á LEB 2 aínda que non logrou subir de categoría, feito que finalmente se produciu en 2005 ao saír vitorioso da fase final do campionato disputada en Palencia.

Nomes Comerciais[editar | editar a fonte]

  • 1985-1990. Magia de Huesca.
  • 1990-1992. Huesca La Magia.
  • 1992-1994. Argal Huesca.
  • 1994-1995. Somontano Huesca.
  • 1995-1996. AGB Huesca.
   
  • 2000-2002. Iberagentes Huesca.
  • 2002-2004. CAI Huesca.
  • 2004-2007. CAI Huesca La Magia.
  • 2008-2013. LOBE Huesca
   

Historial[editar | editar a fonte]

  • 1977-1978. 3ª División: 6
  • 1978-1979. 2ª División: 8
  • 1979-1980. 2ª División: 6
  • 1980-1981. 2ª División: 3
  • 1981-1982. 2ª División: 2
  • 1982-1983. 1ª División B: 4
  • 1983-1984. Liga ACB: 14
  • 1984-1985. 1ª División B: 2
  • 1985-1986. Liga ACB: 13
  • 1986-1987. Liga ACB: 12
   
  • 1987-1988. Liga ACB: 10
  • 1988-1989. Liga ACB: 13
  • 1989-1990. Liga ACB: 14
  • 1990-1991. Liga ACB: 15
  • 1991-1992. Liga ACB: 17
  • 1992-1993. Liga ACB: 19
  • 1993-1994. Liga ACB: 20
  • 1994-1995. Liga ACB: 18
  • 1995-1996. Liga ACB: 18
  • 1996-1997. LEB: 16
   
  • 1998-1999. Liga EBA (E): 14
  • 1999-2000. Liga EBA (E): 14
  • 2000-2001. Liga EBA (E): 5
  • 2001-2002. Liga EBA (C): 8
  • 2002-2003. Liga EBA (E): 2
  • 2003-2004. Liga EBA (C): 3
  • 2004-2005. Liga EBA (E): 1
  • 2005-2006. LEB-2: 5
  • 2006-2007. LEB-2: 16
  • 2007-2008. PRATA: 8
   

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]