CB Granollers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granollers - Abolafio
Competición Liga EBA
Fundado 1932
Cidade Cataluña Granollers
Pavillón Pavelló Granollers (3.500)
Cores           Azul, branco
Historia Granollers Esportiu Bàsquet
Presidente Joan Nadal
Adestrador Joel Romeu
Sitio Web www.cbgranollers.com

O Club Bàsquet Granollers é un club profesional de baloncesto da cidade de Granollers (Cataluña). Foi fundado en 1932, sendo uns dos clubs máis antigos do estado español. Na actualidade compite na liga EBA, aínda que ten xogado durante moitos anos, de 1977 a 1993, na máxima categoría.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia o Granollers tivo diversas denominacións en función da empresa que o patrocinou. Entre 1977 e 1982 foi denominado "Areslux Club Bàsquet", entre 1983 e 1988 "Cacaolat Club Bàsquet". En 1989 o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse "Grupo IFA Granollers". En 1991 abandonou a dirección do club a empresa Unipublic e creouse a entidade Granollers Esportiu Bàsquet.

Os anos 80 foron os mellores anos na historia do club. Na tempada 1982-1983 conseguiu a terceira posición na Liga Española de Baloncesto, con xogadores míticos como Joan Creus, Xabier Mendiburu ou Slab Jones e con Chus Codina de adestrador. Na 1984-1985 obtivo o quinto posto na Liga ACB, o que lle deu a oportunidade de disputar a Copa Korać da tempada 1985-1986, na que foi eliminado en cuartos de final. O Granollers xogou na Copa Korać contra equipos da categoría do Caserta do brasileiro Óscar Schmidt ou o Partizan de Belgrado. Desta época continuaban Mendiburu e Creus, ademais do aleiro Juan Ramón Fernández, ou os norteamericanos Charles Bradley e Victor Anger.

Esa mesma tempada foi subcampión da Copa Príncipe de Asturias de baloncesto, perdendo a final ante o Estudiantes, por 82-89. O cambio de denominación da entidade como "Grupo IFA Granollers" provocou tamén un aumento do orzamento, mais non así nos resultados. Incorporáronse xogadores como Santi Abad, Manel Bosch e Óscar Cervantes, pero os obxectivos non se cumpriron. Deuse a casualidade que no ano 1991 o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplas 1991, Óscar Cervantes e o campión de mates NBA e da ACB Kenny Sky Walker. O club tivo que renunciar por temas económicos á liga ACB en 1993 e caeu nas categorías máis baixas da Federación Catalá de Baloncesto pasándose a chamar Club Bàsquet Granollers. Dende a tempada 2002-2003 compite ininterrompidamente na Liga EBA.

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • Areslux Granollers (1977 - 1982)
  • Cacaolat Granollers (1983 - 1988)
  • Grupo IFA Granollers (1989 - 1993), despois de fusionarse en 1989 co Grupo IFA Espanyol.

Historial[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]