Baloncesto Fuenlabrada
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga ACB | |
| Fundado | 1983 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Pabellón Fernándo Martín (5.000) | |
| Cores | Laranxa e azul | |
| Historia | P. M. D. Fuenlabrada (1983-1989) A.D. Fuenlabrada (1989–1992) |
|
| Presidente | José Quintana | |
| Adestrador | Salva Maldonado | |
| Liga LEB | 1 (2005) | |
| Patrocinador | Ayuda en Acción | |
| Sitio Web | www.baloncestofuenlabrada.com | |
O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D. é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Liga ACB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5.000 espectadores.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Comezos
O club foi fundado en 1983 por Miguel Angel Hernández, Julián Aranda e Manuel Antolínez, simultaneamente co Patronato Municipal de Deportes de Fuenlabrada. Tras dous anos na liga local, no ano 1985, logra o ascenso á competición federada. Na tempada 1986 conséguese o patrocinio da Cafetaría Maná, a cal supón unha inxección económica moi importante para o club. Aínda que a cafetaría desapareceu séguese usando o nome nos equipos da canteira como homenaxe a este patrocinador. Naqueles anos xogábase nas pistas do colexio público San Esteban.
Na tempada 86-87, o club inscríbese na Segunda División Autonómica, e está a piques de conseguir o ascenso, mais nos playoffs pásalle factura a súa inexperiencia e acaban fracasando no seu primeiro intento. Con todo, na seguinte tempada conseguirían ascender á Primeira División Autonómica. Nesta categoría permanecerá dúas tempadas, de 1988 a 1990, sen conseguir o ascenso á Segunda División Nacional. No ano 1989 o club cambia o seu nome por "A.D. Fuenlabrada". Ademais o equipo trasládase ao ximnasio do Colexio Público Miguel Hernández.
Durante os anos 90 prodúcense dous grandes acontecementos, na tempada 1991-1992 fusiónase co "Club Baloncesto Fuenlabrada Femenino", equipo de baloncesto feminino, pasándose a chamar "Club Baloncesto Fuenlabrada". Baixo a dirección técnica de Armando Polo, Juan Antonio Jiménez Jiménez como presidente e Ricardo Luís Izquierdo como xerente, dáse un salto máis adiante e xógase en Segunda División Nacional, conseguindo ademais que o club teña equipos de formación, e ao termo desta tempada era dun número de catro. O segundo acontecemento foi durante a tempada 1992-1993, co mandato do presidente Juan Antonio Jiménez Jiménez, e coa incorporación como vicepresidente de Fernando Polaina, profesionalízase o Club ao mesmo tempo que se fusiona co "Club Baloncesto Torrejon de Ardoz".
[editar] Paso fugaz pola ACB
Na tempada 1993-1994 o club fíxase o obxectivo de ascender a liga ACB sen conseguilo nesa tempada. Pola reestruturación que sofre a FEB, o equipo xoga na liga EBA. Dous ilustres xogadores formaban parte do persoal: Roberto Dueñas e Óscar Quintana. Ese mesmo ano o Maná-Fuenlabrada ascende a Segunda División Nacional, con Óscar Quintana no banco. Na tempada 1995-1996, Martín Fariñas ocúpase do banco, e realiza unha excelente fase regular de liga, acabando esta fase en primeira posición. Pero na fase final, as lesións e a inexperiencia acaban por frustrar o obxectivo do ascenso. Aínda así, e debido á mala situación económica do Club Peñas Recreativas de Huesca decide dispor a venda da súa praza na ACB, e coa mediación da liga ACB, véndese ao concello de Fuenlabrada a franquía e a súa praza na liga ACB. Por estes dereitos e a franquía o Concello abona unha cifra próxima aos 400 millóns de pesetas. O Fuenlabrada é equipo ACB na tempada 1996-1997 por primeira vez.
O equipo fai un gran investimento en xogadores, tanto nacionais como Joe Alonso ou o mozo Salva Guardia, como estranxeiros como Ken Bannister. Aínda así, o equipo cesa a Martín Fariñas polos malos resultados e toma o seu lugar no banco o descoñecido até entón Óscar Quintana, que só quedará no banco temporalmente até que Andreu Casadevall trata de sacar ao equipo dos postos de descenso á LEB. Durante a tempada 1997-1998 o Fuenlabrada descende.
[editar] Volta á ACB
É na tempada 1997-1998, xogando no LEB onde o Fuenlabrada, onde se constrúe un tamdem que durará case seis anos e que formará a espiña dorsal do persoal do Fuenlabrada. No banco sentará ese ano Óscar Quintana que venia de adestrar ás categorías inferiores do club, e tomando a substitución de Andreu Casadevall. Á vez incorporarase o aleiro, ex xogador do Breogán e do Tau Cerámica, Velimir Perasović. Outros xogadores o acompañan, como por exemplo Ferrán López e de novo Salva Guardía. Nos playoffs de ascenso, gana primeiro ao Lucentum Alicante e logo na final ao Breogán de Lugo. Ambos os partidos a gana por senllos 3-1 a favor dos madrileños. O Fuenlabrada ascende a liga ACB esta vez por méritos propios.
No seu primeiro ano na ACB, o equipo clasifícase para os playoffs grazas á achega de xogadores como Nate Huffman, Carlos Cazorla, Ferrán López, Salva Guardía e sobre todo Velimir Perasović, que é o máximo anotador da ACB nesa tempada. Nas tres tempadas seguintes, Perasović proclámase de novo máximo anotador da liga e o "Jabones Pardo Fuenlabrada clasifícase de novo para os playoffs nas tempadas 2000-2001 e 2001-2002. Nesas tres tempadas destacan David Wood, Chuck Kornegay, Fran Murcia, Pablo Prigioni e José Calderón.
Na tempada 2002-2003 prodúcese a de Velimir Perasović e de José Calderón, mais prodúcese a chegada de ilustres da ACB como Francesc Solana e Richard Scott. Mais a fichaxe que cambiará a tempada é o dun xogador arxentino, descoñecido entón, chamado Walter Herrmann. Pronto se converte na revelación da tempada sendo o MVP, o MVP do All Star e o Máximo Anotador da ACB, sendo traspasado ao final da tempada ao Unicaja de Málaga.
Trala marcha de Walter Herrmann e Calderón, o equipo vese obrigado a unha gran renovación. O equipo ficha a Javi Rodríguez procedente do Breogán de Lugo, Hurl Beechum aleiro do desaparecido Cáceres C.B. e contrata de novo a Salva Guardia, procedente do Baloncesto Selecta. Francesc Solana segue como capitán e no banco mantense Óscar Quintana. Tras unha das tempadas máis axustadas que se lembran, o equipo descende tras unha gran remontada do Etosa Alacante nas últimas xornadas de liga regular. Tres xornadas antes, Óscar Quintana abandona o banco, deixando tras de se unha gran polémica sobre a súa marcha.
[editar] Un ano na LEB e volta á ACB
Na tempada 2004-2005, o Fuenlabrada atópase na tesitura de volver montar un bloque. Durante este ano, o Fuenlabrada acaba líder da liga regular. Meses despois, tras asegúrase o ascenso nunha agónica eliminatoria contra o Huelva. Na tempada 2005-2006 a directiva do club aposta por un bloque xa consolidado na liga LEB, con algunha cara nova, finalizando a tempada en décimo lugar. A nova tempada 2006-07 empeza cunha renovación bastante importante do persoal, aínda que mantén os alicerces básicos da anterior. A directiva do club madrileño fixo catro incorporacións de cara a esta campaña, foron Gerald Brown base procedente do Breogán ao que chegara en metade de tempada procedente do Partizan de Belgrado, a Andrés Miso, ao veterano José Antonio Paraíso e o ala-pivote lituano Virginijus Praskevicius. O equipo terminou a tempada na décimo segunda con 14 vitorias e 20 derrotas. A tempada 2007-08 iniciouse con cambios no cadro de xogadores, logrando por pouco a permanencia na ACB. A tempada 2008-09 supuxo unha gran renovación, presentándose presentaron moitas novidades, conseguindo outro ano máis a permanencia.
[editar] Xogadores
[editar] Cadro actual
| Ayuda en Acción Fuenlabrada 2009-2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||