Liga LEB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga Adecco Oro
Foto dun partido de LEB en Zaragaza.
Fundación 1996
Rexión España España
Europa FIBA Europa
Equipos 18
Actual campión C.B. Murcia
Máis laureado C.B. Murcia (3 títulos)
Televisión FEB TV
Organizador Federación Española
Sitio web www.feb.es
Current basketball.svg Adecco Ouro 2014-15

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata, coñecidas por motivos de patrocinio como Adecco Ouro e Adecco Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Adecco Ouro[editar | editar a fonte]

Formato[editar | editar a fonte]

Cada equipo de cada categoría xoga contra tódolos demais equipos da súa división en dúas ocasións, unha vez na súa casa e o outro no estadio do opoñente. Isto tradúcese en que na fase regular da Adeeco Ouro cada equipo xogue 34 encontros. As dúas metades da tempada xóganse no mesmo orde, é dicir, a orde da primeira metade accesorios de cada equipo repítese na segunda metade da tempada, coa única diferenza das canchas onde se xogan os encontros. Cada vitoria suma un partido gañado ao equipo na clasificación da liga.

Ao final da liga o campión é o equipo que máis partidos gañou durante a fase regular. Os equipos que ocupan as prazas que van dende o segundo posto até o noveno xogan unha rolda de play-offs. Estas eliminatorias compóñense de tres fases, pasando de rolda o mellor a cinco encontros (gaña o primeiro en vecer en tres deles). Os primeros dous encontros de cada eliminatoria xoganse no pavillón do equipo mellor clasificado na Liga Regular, os duos seguintes (o cuarto se fose preciso) nos dos conxuntos peor clasificados e se fose preciso eo quinto, novamente no campo do equipo mellor clasificado na Liga Regular.

Na metade da liga, os dous equipos mellor clasificados xogan a Copa Príncipe na casa do primeiro clasificado. O Campión da Copa xogará os play-offs como primeiro clasificado se termina a liga entre o segundo e o quinto cualificado. En resumo, o campión da liga na fase regular e o vencedor das eliminatorias ascenden á Liga ACB, o último clasificado descende á Adecco Prata, así como o perdedor do play-off pola permanencia que xogan o penúltimo e o antepenúltimo.

Equipos 2013-2014[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Pavillón Capacidade Fundación Títulos
CB Breogán Lugo Lugo Pazo dos Deportes
6.500
1966
1
Club Melilla Baloncesto Melilla Melilla Pabellón Javier Imbroda Ortiz
3.800
1991
0
Cocinas.com Logroño Logroño Palacio de los Deportes de La Rioja
3.851
1967
0
FC Barcelona B Barcelona Barcelona Palau Blaugrana
7.500
1926
0
Força Lleida CE Lleida Lleida Pavelló Barris Nord
6.100
2012
0
Ford Burgos Burgos Burgos Polideportivo El Plantío
3.150
1997
0
Instituto de Fertilidad Clinicas Rincón Málaga Málaga Pabellón de Carranque
1.500
1988
0
Leyma Natura Básquet Coruña A Coruña A Coruña Pazo dos Deportes de Riazor
3.851
1995
0
Ourense Termal Ourense Ourense Pazo dos Deportes Paco Paz
5.000
1979
0
Peñas Huesca Huesca Huesca Palacio Municipal de Huesca
5.018
1977
0
Planasa Navarra Pamplona Pamplona Polideportivo Anaitasuna
3.000
2006
0
Quesos Cerrato Palencia Palencia Palencia Pabellón Marta Domínguez
1.806
1979
0
River Andorra Morabanc Andorra a Vella Andorra a Vella Poliesportiu d'Andorra
4.000
1970
0
Unión Financiera Baloncesto Oviedo Oviedo Oviedo Polideportivo Municipal de Pumarín
400
2004
0

Historia[editar | editar a fonte]

Finais[editar | editar a fonte]

Temporada Campión Subcampión MVP da Liga
1996–1997 CB Ciudad de Huelva Caja Cantabria Bob Harstad
1997–1998 Artel Murcia Baloncesto Fuenlabrada Tony Smith
1998–1999 Breogán Universidade Gijón Baloncesto Eric Cuthrell
1999–2000 Lucentum Alicante Club Ourense Baloncesto Joe Bunn
2000–2001 Caprabo Lleida CB Granada Michael Wilson
2001–2002 Lucentum Alicante Minorisa Manresa Larry Lewis
2002–2003 Etosa Murcia Tenerife Club de Baloncesto Jaime Peterson
2003–2004 Bilbao Basket CB Granada Aaron Swinson
2004–2005 Baloncesto Fuenlabrada IBB Hoteles Menorca Ricardo Guillén
2005–2006 Bruesa Gipuzkoa Polaris World Murcia Juanjo Triguero
2006–2007 Ricoh Manresa Climalia León Ricardo Guillén
2007–2008 CAI Zaragoza Bruesa Gipuzkoa Andrew Panko
2008–2009 CB Valladolid Lucentum Alicante Jakim Donaldson
2009–2010 CAI Zaragoza ViveMenorca Eric Coleman
2010–2011 CB Murcia Blu:sens Monbús Ricardo Guillén
2011–2012 Iberostar Canarias Menorca Bàsquet Jakim Donaldson
2012–2013 Ford Burgos Lucentum Alicante Ondřej Starosta
2013–2014 River Andorra MoraBanc Ford Burgos Jordi Trias


Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs

Adecco Prata[editar | editar a fonte]

Actualmente denominada Adecco Prata, anteriomente recibía a denominación de LEB-2.

Equipos 2013-2014[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Pavillón Capacidade Fundación Títulos
Amics Castelló Castelló de la Plana Castelló de la Plana Pabellón Ciutat de Castelló
5.000
1994
0
Araberri Basket Club Áraba Vitoria Polideportivo Mendizorroza
3.500
1994
0
Askatuak Gipuzkoa Donostia Pabellón Josean Gasca
3.000
1975
0
Azpeitia Azkoitia ISB Gipuzkoa Azpeitia Polideportivo Municipal de Azpeitia
1.200
1975
0
Cáceres Patrimonio de la Humanidad Cáceres Cáceres Ciudad de Cáceres
6.000
2007
0
CB Prat Joventut Barcelona El Prat Pavelló Joan Busquets
500
1951
0
CEBA Guadalajara Guadalaxara Guadalaxara Polideportivo San José
1.000
2011
0
Conservas de Cambados Pontevedra Cambados Pavillón Municipal do Pombal
1.000
1978
0
Fundación Baloncesto Fuenlabrada Pontevedra Fuenlabrada Pabellón Fernando Martín
5.700
1983
0
Grupo Eulen Carrefour El Bulevar Ávila Ávila Multiusos Carlos Sastre
1.800
2001
0
Marín Peixegalego Pontevedra Marín Pavillón da Raña
-
2005
0
Palma Air Europa Mallorca S'Arenal Pabellón Toni Servera
-
2008
0
Zornotza Saskibaloi Taldea Mallorca Biscaia Polideportivo Larrea
-
1985
0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]