Polideportivo Fernando Martín
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Pabellón Polideportivo Municipal Fernando Martín | |
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Fuenlabrada (Comunidade de Madrid) |
| Inauguración | Setembro de 1991 |
| Capacidade | 5.000 espectadores |
| Propietario | Ayuntamiento de Fuenlabrada |
| Localía | Baloncesto Fuenlabrada (ACB) |
| Eventos | |
| Ningún | |
O Pabellón Polideportivo Municipal Fernando Martín é un pavillón polideportivo cuberto de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), inaugurado en setembro de 1991.[1]. Conta cun aforo para 5.000 espectadores, e é utilizado principalmente para baloncesto, sendo o pavillón onde xoga como local o Baloncesto Fuenlabrada.
Durante a fase de grupos da temporada 1991-92 da Euroliga, o escenario foi o fogar do club serbio KK Partizan, que tiña prohibido pola FIBA xogar os seus partidos na casa, debido á Guerra dos Balcáns.[2]