Basket Zaragoza 2002

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CAI Zaragoza
Triple Cai Zaragoza Granada.jpg
Competición España Liga ACB
Fundado 2002 (1982)
Cidade España Zaragoza
Pavillón Pavillón Príncipe Felipe (10.801)
Cores      Vermello
Presidente Reynaldo Benito Ruiz-Tapiador
Adestrador José Luis Abós
Copa do Rei 2 (1984, 1990)
Sitio Web www.basketzaragoza.net

O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como CAI Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, é herdeiro do Club Baloncesto Zaragoza desaparecido ese mesmo ano. A nova entidade, denominada Basket Zaragoza 2002, conservou o seu palmarés e dereitos deportivos. Disputa o seus encontros como local no Pavillón Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10.500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto Zaragoza xurdiu en 1982 como herdeiro do histórico C.N. Helios, un club que xa competira na antiga Liga Nacional de Baloncesto. O club, patrocinado pola Caja de Ahorros de la Inmaculada (CAI) (do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada), foi coñecido popularmente como CAI Zaragoza, sendo durante uns anos un dos club punteiros da liga ACB.

O club foi un dos fundadores da Asociación de Clubs de Baloncesto, disputando a súa competición durante catorce tempadas ininterrompidas, entre 1983-1984 e 1995-1996, cando perdeu a categoría debido a problemas económicos derivados do sobreesfuerzo orzamentario realizado a principios dos anos 1990. A CAI deixou de patrocinar á entidade presidida por José Luís Rubio tras o fracaso deportivo de 1992 (non conseguir a clasificación para a Liga Europea), sendo Natwest e Amway quen financiaron ao club durante os seus últimos catro anos na ACB.

Durante o seu periplo na elite, o Zaragoza conquistou dúas Copas do Rei (en 1984 e 1990), sendo finalista noutras dúas ocasións (en 1992 e 1995). Ademais, foi o terceiro clasificado da liga ACB nas tempadas 1986-1987 e 1987-1988, tan só por detrás do FC Barcelona e o Real Madrid.

En 1991, o CAI foi subcampión da Recopa de Europa ao perder a final, disputada en Xenebra, contra o PAOK Complan por 76 a 72 favorable aos de Tesalónica. Ao termo da tempada 1995-1996, o primeiro equipo foi expulsado da ACB por mor de problemas económicos; manténdose unicamente en competición algúns conxuntos das categorías inferiores. Posteriormente, o equipo senior volveu disputar unha competición nacional, a liga EBA, pero a experiencia do Adecco Zaragoza non durou máis de dous anos.

No ano 2002 co propósito de devolver á capital aragonesa ao baloncesto de elite masculino fúndase o Basket Zaragoza 2002. Co apoio financeiro da CAI, comprouse a praza que o galego Sondeos do Norte tiña na LEB. O 9 de maio de 2008, o CAI Zaragoza consegue subir novamente á ACB despois de tentalo durante seis anos seguidos. O ascenso conséguese matematicamente ao derrotar a L'Hospitalet por 27 puntos (91-64).

O 9 de maio de 2009, tras unha soa tempada, o CAI Zaragoza descendeu á LEB Ouro despois de perder en casa por 59-60 fronte ao CB Murcia. Trala fin do partido Alberto García Chápuli dimitiu como director xeneral do club, e o presidente Reynaldo Benito puxo o seu cargo a disposición do consello de administración.[1] Novamente, o 16 de abril de 2010 o CAI Zaragoza certifica o ascenso directo á ACB despois de gañar ao Sant Josep Girona por 69-63.

Nomes comerciais[editar | editar a fonte]

  • 1981-1982. Zaragoza Skol.
  • 1982-1992. CAI Zaragoza.
  • 1992-1994. Natwest Zaragoza.
  • 1994-1996. Amway Zaragoza.
  • 2001-2003. Adecco Zaragoza.
  • Actualidade. CAI Zaragoza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]