CB Bilbao Berri
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga ACB | |
| Fundado | 7 de marzo de 2000 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Bizkaia Arena (10.400) | |
| Cores | Negro e prata | |
| Historia | Lagun Aro Bilbao Basket (2004-2007) Iurbentia Bilbao Basket (2007–2009) |
|
| Presidente | Xabier Jon Davalillo | |
| Adestrador | Fotis Katsikaris | |
| Liga LEB | 1 (2004) | |
| Orzamento | 9.030.323 € (2010) | |
| Patrocinador | Uxúe Bioenergía y Renovables SL | |
| Mascota | Armiarma | |
| Sitio Web | www.bilbaobasket.biz | |
O Club Deportivo Basket Bilbao Berri S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Uxúe Bilbao Basket, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Bilbao, na provincia de Biscaia (Euskadi), que na actualidade compite na Liga ACB. Foi fundado o 7 de marzo de 2000, substituíndo ao anterior equipo de baloncesto bilbaíno xa desaparecido, o "Caja Bilbao".
Dende o 24 de xullo de 2009 pasou a denominarse Bizkaia Bilbao Basket, ao ser a Deputación Foral de Biscaia o seu patrocinador máis importante, ademais de substituír o pavillón de La Casilla polo Bizkaia Arena, un pavillón situado dentro do complexo Bilbao Exhibition Centre, por concesión do ente foral biscaíño.
Índice |
Historia [editar]
O Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír ao vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB-2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]
Na súa estrea na categoría de prata durante a tempada 2002-03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]
Durante os seus dous primeiros anos na ACB, o seu patrocinador foi a a aseguradora "Lagun Aro", que logo pasou a patrocinar ao San Sebastián Gipuzkoa Basket Club, pasando a chamarse Lagun Aro Bilbao Basket; despois o patrocinador que lle deu nome foi o grupo Inmobiliario Iurbentia, pasando a chamarse "Iurbentia Bilbao Basket". Outros patrocinadores importantes do club foron ou son FEVE, El Correo e a Diputación Foral de Vizcaya. Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a tempada 2005-06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12.500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular.
Foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB con 15.414 persoas o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.
Durante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 8.500 espectadores, que se prevé que poda ser inaugurado para a tempada 2010-11. Para facer fronte á demanda de socios e seareiros na tempada 2009-10 pasou a xogar na localidade veciña de Barakaldo, concretamente no Bizkaia Arena, xunto á Estación de Metro de Ansio, onde xa se disputaban partidos de especial expectación, sendo esta a localización provisional. En Xaneiro do 2010, logo dun mal comezo de tempada (4 vitorias e 13 derrotas), adestrador Txus Vidorreta dimitiu. Vidorreta fora o adestrador co que o Bilbao Basket ascendeu en tódalas categorías e estivo ao mando do equipo durante nove anos dende os inicios do club.
Palmarés [editar]
- Tempada 2000/01: Liga LEB 2. Posición: 13º
- Tempada 2001/02: Liga LEB 2. Posición: Campión Copa LEB 2 e Campión Liga LEB 2. Ascenso a Liga LEB 1.
- Tempada 2002/03: Liga LEB 1 2002/03. Subcampión Copa LEB 1.
- Tempada 2003/04: Liga LEB 1 2003/04. Campión Liga LEB 1. Ascenso a Liga ACB
- Tempada 2004-05: Liga ACB. 14º.
- Tempada 2005-06: Liga ACB. 15º.
- Tempada 2006-07: Liga ACB. 10º.
- Tempada 2007-08: Liga ACB. 6º.
- Tempada 2008-09: Liga ACB. 8º. Eurocup, clasificado para a final a oito, semifinal.
- Tempada 2009-10: Liga ACB. 9º. Eurocup, clasificado para a final a catro, semifinal (3º).
- Tempada 2010-11: Liga ACB. 6º. Subcampión da Liga ACB.
- Tempada 2011-12: Liga ACB. 6º. Euroliga, cuartos de final.
Títulos Nacionais [editar]
Xogadores [editar]
Cadro actual [editar]
| Bizkaia Bilbao Basket 2012-2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés individual [editar]
Primeiro quinteto da ACB
- Marcelinho Huertas – 2008
MVP da ULEB Eurocup
- Marko Banić – 2010
Primeiro quinteto da ULEB Eurocup
- Marko Banić – 2009, 2010
Adestradores [editar]
- Txutxo Sanz (2000–2001)
- Pedro Zorrozua (2001)
- Txus Vidorreta (2001–2010)
- Rafa Pueyo (2010)
- Fotis Katsikaris (dende 2010)
Seareiros [editar]
O club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".