Club Ourense Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ourense Termal
Competición Liga LEB Ouro
Fundado 1979
Cidade Galicia Ourense
Pavillón Pazo Paco Paz (5.500)
Cores                Azul, amarelo e branco
Historia Club Ourense Baloncesto
(dende 1979)
Presidente Jorge Bermello
Adestrador Gonzalo García de Vitoria
Príncipe 1 (2000)
Copa Galicia 5 (1992, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2006)
Sitio Web Sitio web oficial

O Club Ourense Baloncesto ou Ourense Termal por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto galego da cidade de Ourense, que o 25 de maio de 2012 conseguiu regresar á Liga LEB Ouro, logo de descender na anterior tempada.

Historia[editar | editar a fonte]

O COB foi fundado en 1979. Durante os seus primeiros anos militou nas Divisións Masculinas, ata que na tempada 1989-90 chegou o ascenso á liga ACB.

O principal equipo representativo do baloncesto ourensán, o Caixa Ourense, inicia o 6 de Setembro de 1987 a súa primeira andaina como Club Ourense Baloncesto pola 1ª División B, a segunda división española de baloncesto, na cancha do Santa Coloma. Atrás quedaba a época na que, configurado como Club Bosco-Salesianos, lograra dun xeito meteórico a súa chegada á elite do baloncesto español dende a súa fundación no ano 1979. O 6 Xuño 1987 establécese a fusión entre Salesianos e C.O.B. O C.O.B.

Unha vez disputadas as dez primeiras xornadas da competición, a directiva cesa como primeiro adestrador a Manuel Fernández Rey pasando a levar a dirección técnica do equipo o ata aquela xogador Ángel Navarro.

Caixa Ourense conclúe a primeira fase da liga cun balance de 26 encontros disputados, 11 vitorias e 15 derrotas, totalizando 2239 puntos a favor (86,1 de media) e 2277 (87,5 de media) en contra, números que lle levan a disputar a B-2, e onde as cousas non marcharían moito mellor, finalizando con 14 encontros disputados, 3 vitorias e 11 derrotas con 1267 puntos a favor e 1344 en contra. Todo esto levouno directamente a xogar o seu primeiro play-off por evitar o descenso de categoría.

Nesta primeira e nova experiencia o rival foi o Lliria, club dunha pequena localidade valenciana, mais moi emerxente no panorama baloncestístico español daquela. O Caixa Ourense resolve durante o mes de Maio de 1988 o seu primeiro KO coa historia por un 3-1, logrando manter a categoría e asegurándose un ano máis entre os mellores equipos do baloncesto español na segunda división.

Os xogadores estranxeiros que reforzaron ao Caixa Ourense durante esa tempada foron inicialmente Howard Wood e Yomi Sangodeyi. Este último sufriu en xaneiro de 1988 aos sete minutos do encontro que disputaba ante o Badaxoz unha importante rotura no Tendón de Aquiles que lle deixou fóra da competición para todo o que restaba de tempada. No seu lugar chegou Douglas Arnold.

Wood chegou con 28 anos a Ourense logo de ter concluído a súa formación universitaria na Universidade de Tennessee en 1981 e ser elixido ese mesmo ano na segunda rolda do Draft da NBA por Utah Jazz co número 27. Tras xogar algúns partidos con Utah pasou enseguida á CBA e posteriormente desembarcou en España no Cacaolat Granollers, para xogar tamén no Tizona Burgos e Pamesa Valencia.

Yomi Sangodeyi era un destacado membro real dunha tribo nixeriana. Alcumado coma "o príncipe" este pivote de 28 anos chegou a Ourense tras pasar pola SAM Houston State University ata 1984 ano no que foi seleccionado por New Jersey Nets no Draft de la NBA en terceira rolda co número 63. O seu pasado antes de chegar a Galiza presentaba un paso por Florencia na A-2 italiana, Tenerife e Navarra.

O último en chegar foi Douglas Arnold, no mes de Xaneiro do '88 para substituír por lesión a Sangodeyi. Cando chegou este ala-pivote de 2,03 tiña 26 anos. Formado en Texas Christian University saíu en 1983 elixido en cuarta rolda do Draft da NBA por Utah Jazz no posto 76. Anteriormente xogara durante tres tempadas no Racing Paris da liga francesa e ata Ourense chegou sendo cortado en Dicembro na liga belga.

Na tempada 1997-98 o equipo descende á LEB, na que permanece durante dous anos, ata que na tempada 1999-00 acada novamente o ascenso á ACB ademais de conseguir o seu primeiro título oficial a nivel estatal logo de gañar a Copa do Príncipe en Granada ante o Tenerife, mais o soño de permanecer entre os mellores remata esa mesma tempada, na que descende novamente á LEB, dende a tempada 2000-01, o COB non xogou mais na ACB.

Logo de catro anos na categoría de prata do baloncesto español, o COB descende á LEB 2 na tempada 2004-05, permanecendo nesa categoría (ben baixo a denominación de LEB 2 ou de LEB Prata) ata a tempada 2008-09, na que acada novamente o ascenso a LEB Ouro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tempada 1983-84 1984-85 1985-86 1986-87 1987-88 1988-89 1989-90 1990-91 1991-92 1992-93 1993-94 1994-95 1995-96 1996-97 1998-99 1999-00 2000-01 2001-02 2002-03 2003-04 2005-06 2006-07 2007-08 2008-09 2009-10
Liga Campionato Autonómico M. Campionato Autonómico M. Campionato Autonómico M. 3ª División M. 2ª División M. 2ª División M. 1ª División M. 1ª División M. 1ª División M. ACB ACB ACB ACB ACB ACB ACB ACB ACB LEB LEB ACB LEB LEB LEB LEB LEB 2 LEB 2 LEB Prata LEB Prata LEB Ouro
Posto - - - - - - - - - - - - - - - 7 2 - 3 9 16 17 4 3 14 10 -

Indícanse con fondo de cor verde as tempadas nas que houbo ascenso de categoría e en vermello as tempadas nas que o equipo descendeu.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores 2009-2010 ( LEB ORO)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]