CB Sevilla
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga ACB | |
| Fundado | 1987 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Palacio Municipal San Pablo (7.626) | |
| Cores | Azul, negro e dourado | |
| Historia | C.B. Sevilla (1987-1989) Caja San Fernando (1989–2007) |
|
| Presidente | Juan Carlos Ollero | |
| Adestrador | Aíto García Reneses | |
| Patrocinador | Cajasol | |
| Mascota | Jerónimo | |
| Sitio Web | www.baloncestosevilla.com | |
O Club Deportivo Baloncesto Sevilla S.A.D é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Sevilla, Andalucía (España). É coñecido por motivos de patrocinio como Cajasol debido a que a entidade financeira Cajasol é o seu principal patrocinador e dono da práctica totalidade do club.
Actualmente (tempada 2012-2013), o equipo participa na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, xogando os seus partidos como local no Palacio Municipal de Deportes San Pablo, un pavillón con capacidade para 7.626 espectadores. Destacar que durante anos o equipo foi coñecido popularmente como "Caja San Fernando", por mor do patrocinio desa entidade financeira.
Índice |
Historia[editar]
As orixes do C.B.D. Sevilla remóntanse a 1987, ano no que a entidade hispalense compra os dereitos do Dribling de Madrid. Logrado o obxectivo da praza, encargóuselle a José Luís Sáez, presidente por aquel entón da Federación Andaluza de Baloncesto, o labor de iniciar as negociacións cos xogadores que posteriormente engrosarían as filas do equipo.
Na tempada 1987-88, o equipo milita en Primeira División B e clasifícase para os play-offs de ascenso, sendo eliminado polo Mayoral Maristas. Na tempada seguinte logra o ascenso á Liga ACB, tras vencer nas eliminatorias finais ao Lagisa Gijón e ao Syrius Patronato de Mallorca.
Na campaña 1992-93, a súa cuarta na liga ACB, consegue clasificarse en quinto lugar e logra unha praza para a Copa Korać, debutando a tempada seguinte en competición internacional. Nas campañas 1995-96 e 1998-99 consegue a súa cota máis alta até o momento, ao quedar subcampión de Liga tras caer na final fronte ao F.C. Barcelona en ámbalas ocasións, disputando a máxima competición continental (a Euroliga) durante a tempada seguinte.[1]
Denominacións[editar]
Ao club andaluz coñecéuselle con dúas denominacións ao longo da historia:
- 1987-2007: Caja San Fernando.
- 2007-Xullo de 2011: Cajasol.
- Xullo de 2011-Xaneiro de 2012: Cajasol-Banca Cívica.
- Dende xaneiro de 2012: Banca Cívica.
En 2001, con motivos da posible fusión das caixas de aforro, "Caja San Fernando" e "El Monte de Piedad" rumoreouse coa posibilidade do nome de "Alcaja", aínda que o proxecto de fusión freouse, levándose a cabo anos máis tarde e recibindo o nome co cal se lle coñeceu ata xullo de 2011, "Cajasol".
Indumentaria[editar]
Dende as súas orixes, en 1987, o C.D.B. Sevilla adopta as cores do club de fútbol da cidade, o Sevilla Fútbol Club e o Real Betis Balompié, con obxecto de axuntar nun só club de baloncesto os sentimentos dos afeccionados dos dous eternos rivais futbolísticos, empregando o vermello e o verde. Dende 1987, até o ano 2004, o C.D.B. Sevilla emprega como primeira indumentaria, en pantalóns e en camiseta, a cor vermella con elementos decorativos verdes; como segunda unha indumentaria a inversa, é dicir, verde con elementos decorativos vermellos, tamén empregando en varias ocasións un equipamento branco con elementos decorativos vermellos ou verdes.
Na tempada 2004-2005 suprímese a cor vermella das indumentarias do C.D.B. Sevilla, tras 17 anos de utilización ininterrompida, quedando un primeiro equipamento de cor verde, tanto en pantalón como en camiseta, e mantendo a indumentaria de cor branca, tanto en pantalón como en camiseta como segundo equipamento. Dende a entidade alúdese que a eliminación do equipamento vermello débese a motivos de imaxe da entidade patrocinadora, a Caixa San Fernando. Na tempada 2007-2008 cámbianse definitivamente ás polémicas cores que se empregan na actualidade, un primeiro equipamento, con pantalón e camiseta negras, e segundo equipamento, con pantalón e camiseta branca. Este cambio de cores non foi ben recibido pola afección, ante unha cor negra co cal os afeccionados non se atopan representados, sendo habitual o cántico dos afeccionados de "Sevilla es verde y roja" (do castelán: Sevilla é verde e vermella).
Na campaña 2008-2009 mantéñense o negro, con elementos decorativos azuis, e o branco, con elementos decorativos dourados, para a primeira e segunda indumentaria respectivamente. Con motivo da volta do club a unha competición europea elabórase unha terceira indumentaria que emprega para os partidos de competición internacional, de cor azul con elementos decorativos dourados, moito máis representativa e acorde cos símbolos da entidade que é propietaria e patrocinadora do club, Cajasol. Na campaña 2009-2010 abandónase definitivamente a cor negra que tanto desagradou á masa social para pasar a un primeiro equipamento co azul como cor principal, manténdose o branco para o segundo equipamento.
Pavillón[editar]
- Artigo principal: Palacio Municipal de Deportes San Pablo.
O conxunto hispalense disputa os seus encontros no Palacio Municipal dos Deportes de San Pablo, un pavillón que está situado no barrio sevillano de San Pablo, que foi inaugurado no ano 1987 e que conta cunha capacidade para 7.626 espectadores. Este enclave deportivo albergou a Copa do Rei dos anos 1994 e 2004, e foi sede do Eurobasket celebrado en España en 2007.
Xogadores[editar]
Cadro actual[editar]
| Cajasol Sevilla 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dorsais retirados[editar]
| Dorsal | Xogador | Posición | Anos |
|---|---|---|---|
| 9 | Raúl Pérez | A | 1989-97 |
Adestradores[editar]
- 1990-1995.-
José Alberto Pesquera. - 1995-1997.-
Aleksandar Petrović. - 1997-1998.-
Salva Maldonado. - 1998.-
José Alberto Pesquera. - 1998-2001.-
Javier Imbroda. - 2001-2002.-
Marco Crespi. - 2002-2004.-
Gustavo Aranzana. - 2004-2005.-
Velimir Perasović. - 2005.-
Javier Fijo. - 2005.-
Óscar Quintana. - 2005.-
Javier Fijo - 2005-2007.-
Manel Comas. - 2007.-
Moncho López. - 2007-2008.-
Rubén Magnano. - 2008-2009.-
Manel Comas. - 2008.-
Angel González Jareño. - 2008.-
Pedro Martínez Sánchez. - 2009-2012.-
Joan Plaza. - 2012-presente.-
Aíto García Reneses.
Traxectoria deportiva[editar]
Traxectoria en Liga[editar]
- 1987.- Fundación. C.D.B. Sevilla.
- 1987.- Compra os dereitos do Dribling Madrid en Primeira División B.
- 1987-1988 Liga. Primeira División B. 10º .
Play-Off polo ascenso: Eliminado en oitavos de final polo Mayoral Maristas de Málaga (2-0) .
Play-Off polo ascenso: Elimina en semifinais ao Gijón (1-2) e ao Syrius Padtronato de Mallorca (0-3) na final.
- 1989-1990.- Liga ACB. 12º.
- 1990-1991.- Liga ACB. 12º. Play off. 1ª Rolda. FC Barcelona.
- 1991-1992.- Liga ACB. 19º. Play off. 1ª Rolda. Montigalà Joventut.
- 1992-1993.- Liga ACB. 5º. Play off. Cuartos. Estudiantes Caja Postal. (Elimina a Festina Andorra).
- 1993-1994.- Liga ACB. 6º. Play off. Cuartos. FC Barcelona. (Elimina a Taugrés).
- 1994-1995.- Liga ACB. 10º.
- 1995-1996.- Liga ACB. 2º. Play off. Subcampión. FC Barcelona. (Elimina ao Real Madrid e ao TDK Manresa).
- 1996-1997.- Liga ACB. 9º.
- 1997-1998.- Liga ACB. 13º.
- 1998-1999.- Liga ACB. 2º. Play off. Subcampión. FC Barcelona. (Elimina ao Pamesa Valencia e ao Real Madrid).
- 1999-2000.- Liga ACB. 5º. Play off. Cuartos. Tau Cerámica.
- 2000-2001.- Liga ACB. 12º.
- 2001-2002.- Liga ACB. 12º.
- 2002-2003.- Liga ACB. 12º.
- 2003-2004.- Liga ACB. 12º.
- 2004-2005.- Liga ACB. 10º.
- 2005-2006.- Liga ACB. 11º.
- 2006-2007.- Liga ACB. 13º.
- 2007-2008.- Liga ACB. 10º.
- 2008-2009.- Liga ACB. 14º.
- 2009-2010.- Liga ACB. 6º. Play off. Cuartos. Real Madrid
- 2010-2011.- Liga ACB. 11º.
- 2011-2012.- Liga ACB. 7º. Play off. Cuartos. Real Madrid
Traxectoria en Copa do Rei[editar]
- 1992-1993.- Copa do Rei. Cuartos de final. Real Madrid.
- 1995-1996.- Copa do Rei. Cuartos de final. Real Madrid.
- 1996-1997.- Copa do Rei. Cuartos de final. Festina Joventut.
- 1998-1999.- Copa do Rei. Subcampión. Tau Cerámica. (Elimina a Pamesa Valencia e ao FC Barcelona).
- 1999-2000.- Copa do Rei. Semifinais. Adecco Estudantes. (Elimina a C.B. Gran Canaria).
- 2001-2002.- Copa do Rei. Cuartos de final. FC Barcelona.
- 2003-2004.- Copa do Rei. Semifinais. Tau Cerámica. (Elimina a Pamesa Valencia).
- 2006-2007.- Copa do Rei. Cuartos de Final. Tau Cerámica.
- 2009-2010.- Copa do Rei. Cuartos de Final. Regal Barcelona.
- 2011-2012.- Copa do Rei. Semifinais. Real Madrid. (Elimina a Unicaja Málaga).
Traxectoria en competicións internacionais[editar]
- 1993-1994.- Copa Korać. Eliminado na liguiña de Oitavos de Final.
- 1994-1995.- Copa Korać. Eliminado na liguiña de Oitavos de Final.
- 1996-1997.- Euroliga. Eliminado en Oitavos de Final. Fortitudo Bologna (Italia).
- 1999-2000.- Euroliga. Eliminado na liguiña de Segunda Rolda. Maccabi Tel-Aviv (Israel), ASVEL Lyon-Villeurbanne (Francia) e Olympiakos BC (Grecia).
- 2000-2001.- Copa Saporta. Eliminado en Oitavos de Final. Anwil Wloclawek (Polonia).
- 2008-2009.- Copa ULEB. Eliminado na Segunda Rolda Previa. ASK Riga (Letonia).
- 2008-2009.- EuroChallenge. Eliminado na liguiña do Top 16.
- 2010-2011.- Copa ULEB. Finalista. UNICS Kazan (Rusia).
Filial[editar]
O C.D.B. Sevilla posúe dous equipos filiais, o C.B. Qalat Cajasol, o cal na tempada 2008-2009 milita na terceira categoría do baloncesto nacional español, a Adecco LEB Prata e o Écija Cajasol, equipo junior, o cal milita durante a tempada 2008-2009 no grupo D da Liga EBA, cuarta categoría do baloncesto español.