CB Valladolid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fórum Valladolid")
CB Valladolid
Polideportivo Pisuerga (GCV).JPG
Competición LEB Ouro
Fundado 31 de agosto de 1976
Cidade España Valladolid
Pavillón Polideportivo Pisuerga (6.300)
Cores           Púrpura e dourado
Presidente José Luis Mayordomo
Adestrador Porfirio Fisac
Liga LEB 1 (2009)
Mascota Tripitongo
Sitio Web www.cbvalladolid.es

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. é un club de baloncesto profesional da cidade de Valladolid, Castela e León (España). Foi fundado o 31 de agosto de 1976, herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

A comezos de 1976, o antigo equipo de Valladolid, o A.D.C. Castilla, despois de conseguir o ascenso á Primeira División o ano anterior, debido a unha serie de problemas chega a desaparecer. Con todo, un grupo de seareiros fanse cargo do club, e 31 de agosto de 1976 fundan o Valladolid Club Baloncesto. O equipo, dirixido polos adestradores Moncho Monsalve e Pedro Zorrozúa, debuta en Primeira División ocupando o 11º posto, finalmente descendendo. Porén, despois de dous anos na segunda división, o equipo volve a ascender en 1978, tras vencer en vinte dos vinte e dous partidos disputados.[1]

Anos 80[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada de retorno á Primeira División o Valladolid finaliza finalmente en novena posición, ademais o equipo disputa ese ano por primeira vez na súa historia unha competición europea, caendo finalmente na liga de cuartos de final fronte á Jugoplastika Split e o Mestre. Ao seguinte ano, na tempada 1980-81, termina sexto, clasificándose de novo á Copa Korać. Así, na seguinte campaña o equipo logra a súa mellor clasificación da súa historia ao rematar no cuarto posto, chegando de novo aos cuartos de final na competición europea. En 1983 o equipo volve a conseguir un bo posto rematando sextos na liga, aínda que rexeitando xogar a Korać por mor de problemas co orzamento.

En 1983, constitúese a Asociación de Clubs de Baloncesto, celebrándose ese ano a primeira Liga ACB da historia. Ese ano tamén foi outro de novidades, xa que debuta como patrocinador do equipo Fórum Filatélico, co cal se mantería por máis de vinte anos. Esa primeira tempada o Fórum remata no posto doce tras xogar os play offs polo título, onde perderon en primeira rolda fronte o Joventut Badalona por 2 a 0. O seguinte ano foi mellor e os de Valladolid acadan o noveno posto, aínda que despois de perder de novo nos play offs, esta vez fronte o CAI Zaragoza por 1 a 2.

En 1985 inaugúrase o Polideportivo Pisuerga, converténdose inmediatamente no pavillón do Fórum tras pasar oito anos no Huerta del Rey. Este ano o equipo volve a caer na primeira rolda de play offs acabando finalmente no posto once. Ao ano seguinte, pese a facerse un equipo moi competitivo, foi un mal ano e o Fórum ten que xogar o play-off de descenso, vencendo por 3 a 0 ao Clesa Ferrol. Os dous seguintes anos xogaron tanto o play off polo título como polo descenso, conseguindo finalmente manterse na categoría.[1]

Anos 90[editar | editar a fonte]

Nas seguintes tres campañas prodúcese un cambio moi importante na historia do club, xa que chega ao equipo o pivote lituano, e estrela do baloncesto europeo Arvydas Sabonis, tamén chegaría con el outro compatriota seu, internacional en múltiples ocasións coa URSS, Valdemaras Homicius. Así nas tres seguintes tempadas o Fórum consegue rematar no sexto, sétimo e oitavo postos respectivamente. A última tempada de Sabonis no club, a 1991-92, supoxo o maior éxito do Valladolid a nivel europeo, conseguindo chegar ás semifinais da Copa Korać onde perderon fronte ao Il Messaggero de Roma. Despois da marcha de Sabonis ao Real Madrid, chegan malos momentos para o club, e o club convértese en Sociedade Anónima Deportiva, pasando a denominarse Fórum Valladolid C. B. S.A.D. No deportivo o Fórum remata no posto dezaoito, conseguindo manter a categoría na última xornada.

En 1993 o Valladolid finalmente descende, tras perder nos play offs por manter a categoría no quinto partido fronte ao Murcia. Mais tras perder a categoría na cancha, conseguiuse a salvación nos despachos debido á renuncia do Caja Bilbao. En 1994 o Valadolid remata no decimo primeiro posto final, baixando na seguinte tempada até o décimo sexto. En 1997, o club fai patente a súa necesidade de apoio económico, tras descubrir que a débeda do club ascendía a 700 millóns de pesetas, levando ao club nos seguintes anos case á súa desaparición. Con todo, a sociedade acaba estabilizándose, e nos seguintes anos o Fórum viaxa pola zona media da clasificación.[1]

Anos 2000[editar | editar a fonte]

Co comezo do novo milenio, o Valladolid consegue a súa primeira participación nos play offs polo título tras nove anos, ao quedar no oitavo posto da liga regular, con todo, saíron derrotados en primeira rolda por 3 a 0 fronte ao FC Barcelona. Con todo xogar estes play offs serve para poder disputar o ano seguinte a Copa Korać. Ao seguinte ano o Fórum remata décimo na ACB e na Korać perde na fase de grupos. Ao ano seguinte o equipo cambia practicamente a totalidade do seu cadro, chegando a rozar finalmente o descenso. Ese ano, refúndase a sociedade, esta vez co nome de C. B. Valladolid S.A.D.

En 2003 o equipo fai unha boa tempada, rematando no posto once, mais empatado a vitorias co oitavo clasificado. Ao ano seguinte chegan sete novas incorporacións, acabando finalmente no posto número doce. En 2005, chega o adestrador Paco García procedente do Breogán de Lugo, e equipo ten que agardar á última xornada de liga para poder certificar a súa salvación. Precisamente o equipo tiña que gañar Breogán, e non fallou, acabando finalmente oitavos. Ao ano seguinte, o equipo perde ao seu patrocinador, chegando a incerteza sobre a continuidade do club, chegando como novo patrocinador Grupo Capitol. Finalmente o club volve a acadar a salvación nas últimas xornadas.

Con todo, ao ano seguinte, tras unha primeira volta moi boa na que conseguiron nove triunfos, o que non se facía dende 2001, na segunda volta so gañan tres encontros e o equipo acaba descendendo por primeira vez dende a fundación da Liga ACB, descontando o ano no que se conseguiu salvar a tempada pola renuncia do Caja Bilbao.[1] Con todo, e a pesar de dificultades económicas, o club consegue recuperar a súa praza na ACB tras acadar o primeiro posto na Liga LEB.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Blancos de Rueda Valladolid 2012-2013
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 19 Flag of Lithuania.svg Čižauskas, Vytenis 1.88 m (6 ft 2 in) 80 kg (176 lb) Kaunas Baltai
B 4 España Grimau, Jordi 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) UCAM Murcia
E 7 Flag of the United States.svg Hunter, Othello 2.03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) BC Azovmash
B 10 España Izquierdo, Antonio 1.93 m (6 ft 4 in) 93 kg (205 lb) Cajasol Banca Cívica
A 11 España Martín, Nacho 2.06 m (6 ft 9 in) 107 kg (236 lb) CAI Zaragoza
P 24 Flag of Ghana.svg Mohammed, Alhaji 1.91 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb) Al Kuwait SC
E 8 España Montañez, Román 1.91 m (6 ft 3 in) 107 kg (236 lb) River Andorra
AP 15 España Navarro, David 1.91 m (6 ft 3 in) 88 kg (194 lb) Menorca Bàsquet
AP 13 Flag of the United States.svg O'Leary, Ian 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Palencia Baloncesto
B 12 Flag of the United States.svg Renfroe, Alex 1.91 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb) Enel Brindisi
P 51 España Ruiz, Edu 2.06 m (6 ft 9 in) 103 kg (227 lb) CB Murcia
AP 21 Bosnia e Hercegovina Sinanović, Nedžad 2.21 m (7 ft 3 in) 113 kg (249 lb) CB Granada
Adestrador
Asistente(s)
  • España Esteban Martín



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 27-12-2012

Palmarés individual[editar | editar a fonte]

Concurso de Mates da ACB

Concurso de Triplas da ACB

Historial[editar | editar a fonte]

Historial na Liga española[editar | editar a fonte]

Historial na Liga ACB[editar | editar a fonte]

           

Historial na Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Historial na Copa do Príncipe[editar | editar a fonte]

Historial na Copa Korać[editar | editar a fonte]

  • Temporada 1979/80: Eliminado en Cuartos de Final por: Jugoplastika e Mestre.
  • Temporada 1981/82: Eliminado en Cuartos de Final.
  • Temporada 1991/92: Eliminado en Semifinais por: Messagero (76-70 e 67-66).
  • Temporada 1992/93: Eliminado en Segunda Rolda por: Tofas Bursa SK (93-71 e 88-78).
  • Temporada 1998/99: Eliminado en Dezaseisavos de Final por: Besiktas (76-79 e 80-81).
  • Temporada 2001/02: Eliminado en Dezaseisavos de Final por: Telestel Maroussi e Dijon.

Denominacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]