CB Canarias
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 1939 | |
| Cidade | San Cristóbal de la Laguna | |
| Pavillón | Juan Ríos Tejera (2.800) | |
| Cores | Negro, amarelo | |
| Presidente | Félix Hernández | |
| Adestrador | Alejandro Martínez | |
| Sitio Web | www.cbcanarias.net | |
O Club Baloncesto 1939 Canarias é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife.
[editar] Historia
O "Ciudad de La Laguna" naceu en 1939 pola unión de diversos clubs de Tenerife. Xa no noventa fusiónase de novo con varios equipos da illa para salvar unha gran débeda económica. Tras dous anos dentro da fusión chamada Tenerife Canarias, o cidade da lagoa decide deixar a fusión e seguir pola súa conta. Na tempada 2006-07 ascende á liga LEB. O seu pavillón é o Juan Ríos Tejera, con capacidade para 2.800 espectadores.
Desde a súa fundación no ano 1939, o antigo Club Baloncesto Canarias militou en categorías rexionais e en 2ª división. Na tempada 1975-76 o club participa na recentemente creada 1ªB, ata que na campaña 1980-81 logra o ascenso á Primeira División. Club co-fundador da liga ACB na tempada 1983-84. Durante os anos en que o club participou na ACB, logrou participar na Copa Korać na tempada 1988-89. Na actualidade o novo club milita na LEB Ouro.