CB Gran Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Canaria 2014
Competición Liga ACB
Fundado 1963
Cidade España As Palmas de Gran Canaria
Pavillón Centro Insular de Deportes (5.000)
Cores           Amarelo e azul
Historia Canarias Telecom (1999–2002)
Auna Gran Canaria (2002–2004)
Gran Canaria Grupo Dunas (2006–2007)
Kalise Gran Canaria (2007–2009)
Gran Canaria 2014 (2009–Presente)
Presidente Lisandro Hernández Montes
Adestrador Pedro Martínez
Sitio Web www.cbgrancanaria.net

O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret é un equipo profesional de baloncesto da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Actualmente participa na liga ACB co nome de Gran Canaria 2014.[1]

Índice

[editar] Historia

O actual CB Gran Canaria naceu no ano 1963 dentro do Colexio Claret, e durante moitos anos xogou co nome de dita entidade. Tralos bos resultados nas competicións escolares, decidiu federar ao equipo, que pasou a integrarse na Segunda División.

Ata o ano 1984, p seu primeiro equipo militaría nesa categoría, e é ese mesmo ano cando se decide a confeccionar uns estatutos propios para ter personalidade xurídica independente. Ditos estatutos son aprobados o 22 de maio de 1985 polo que o equipo pasa a denominarse Claret Club de Baloncesto.

Na tempada 1984-85 acada o ascenso á Liga ACB, baixo a denominación de Claret Bofill e xogando os seus partidos no Pavillón Municipal de Tamaraceite debuta na máxima categoría, que non pode conservar, baixando de novo á Primeira División B. Ascende de novo á Liga ACB na tempada 1987-88, pasando na tempada seguinte a denominarse C.B. Gran Canaria nun intento de reivindicar ao Club como expoñente de onde asenta á súa masa social. No seu regreso á ACB, estrea novo pavillón en Setembro de 1988, o Centro Insular de Deportes (cancha onde aínda desputa os seus partidos oficiais). Tras dúas tempadas na ACB, descendeu nóvamente á Primeira División B para recuperar de novo a súa praza na máxima categoría na tempada 91-92.

Por esixencias do Consejo Superior de Deportes faixe de obrigado cumprimento a transformación do Club en Sociedade Anónima Deportiva, a cal se constitúe o 30 de xuño de 1992 logo dun apoio incondicional por parte das institucións locais (Cabildo de Gran Canaria, Concello,...) e o accionariado privado. Logo de varias tempadas na categoría de prata do baloncesto español (Primeira División e Liga EBA), na tempada 1994-95, o actual Gran Canaria lograba o campionato da Liga EBA e o ascenso automático por cuarta vez á Liga ACB. Dende aquela militou na máxima categoría do baloncesto español de xeito ininterrumpido.

A tempada 2006-07 supuxo a duodécima participación consecutiva na Liga ACB. Foi a tempada onde obtivo o maior número de vitorias (23) e na que se conseguíu permanecer imbatido en toda a segunda volta da fase regular da ACB, no Centro Insular de Deportes.

O Gran Canaria participou por sexto ano nos play-off (quinto ano consecutivo), na fase final da Copa do Rei (quinta tempada e terceira consecutiva) e un ano máis (o terceiro) na competición europea, a Copa da ULEB.

Na tempada 2007-08 non se consiguen os obxectivos iniciais, quedando fora da fase final da Copa do Rei e dos play-off finais, obtendo un noveno posto que permite ao club participar na Copa da ULEB, na súa actual denominación de Eurocup.

Na tempada 2008-09 o equipo logrou ser líder durante unha xornada logo de vencer ao Unicaja Málaga no Centro Insular de Deportes, finalizando unha grande primeira volta na que se consiguen 10 vitorias, o equipo clasifícase para desputar a Copa do Rei desputada no Pazo dos Deportes de Madrid, onde cae en cuartos de final ante o Unicaja Málaga.

Durante a segunda volta lógranse outras 10 vitorias que clasifican ao equipo para os play-off polo título. O seu rival en cuartos de final foi o seu verdugo na Copa o Unicaja de Málaga. No primeiro partido en Málaga houbo vitoria 90-96, mais o Unicaja remontou gañando no CID e o terceiro e último partido en Málaga, o que supuxo a eliminación.

A tempada 2008-09 será lembrada pola consecución de 12 vitorias consecutivas como local, sendo o mellor rexistro do equipo na ACB, e igualando con 7 vitorias consecutivas a marca acadada na tempada 2005-06. O sexto posto final permítelle xogar unha vez máis en competición europea.

[editar] Xogadores

[editar] Cadro actual

Gran Canaria 2014 2009-2010
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 4 Flag of the United States.svg España Fisher, Josh (PE) 1.88 m (6 ft 2 in) 85 kg (187 lb) Etosa Alicante
AP 5 Flag of the United States.svg Augustine, James 2.08 m (6 ft 10 in) 107 kg (236 lb) Orlando Magic
B 6 España Alvarado, Óscar (ca) 1.84 m (6 ft 0.5 in) CB Gran Canaria
P 7 Flag of Senegal.svg España Savané, Sitapha (PE) 2.01 m (6 ft 7 in) 103 kg (227 lb) Tenerife Club de Baloncesto
B 8 España Jorge, Guillermo (ca) 1.88 m (6 ft 2 in) Alaior CB
B 11 España Bellas, Tomás 1.85 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) Cáceres 2016 Basket
B 13 Flag of the United States.svg Croacia Norris, Marcus (PE) 1.85 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) BC Kiev
AP 14 Flag of Australia.svg Flag of the Netherlands.svg Kickert, Daniel (PE) 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Leite Río Breogán
A 20 Flag of the United States.svg Flag of Ireland.svg Moran, Jim (PE) 2.01 m (6 ft 7 in) 99 kg (218 lb) William & Mary University
E 22 Flag of the United States.svg Carroll, Jaycee 1.88 m (6 ft 2 in) 77 kg (170 lb) Teramo Basket
A 34 Flag of the United States.svg Flag of Georgia.svg Sanders, Melvin (PE) 1.96 m (6 ft 5 in) 97 kg (214 lb) Unicaja
P 45 Flag of the United States.svg España McDonald, Will (PE) 2.06 m (6 ft 9 in) 120 kg (265 lb) Baskonia
Adestrador
Asistente(s)



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 24-8-2009

[editar] Traxectoria

[editar] Notas

[editar] Ligazóns

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas