Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1999-00 da Liga ACB foi a 17ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Real Madrid Teka derrotou ó FC Barcelona, acadando o seu 28º campionato nacional de liga.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.
Tempada regular [editar]
Eliminatorias [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]