Luis Scola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Scola
Información persoal
Nacemento 30 de abril de 1980 (43 anos)
Buenos Aires
Nacionalidade Arxentina
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 56
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 1996
Historial de equipos
Club Ferro Carril Oeste (1996–1998)
Saski Baskonia (1998–2007)
Gijón Baloncesto (1998–2000)
Houston Rockets (2007–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Indiana Pacers (2013–2015)
Toronto Raptors (2015–2016)
Brooklyn Nets (2016–2017)
Shanxi Brave Dragons (2017–2018)
Shanghai Sharks (2018–2019)
Olimpia Milano (2019–2020)
Pallacanestro Varese (2020–2021)

Luis Alberto Scola Balvoa, nado o 30 de abril de 1980 en Buenos Aires, é un ex xogador arxentino de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Scola comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Ferro Carril Oeste de Buenos Aires. Fixo o seu debut coma profesional durante a tempada 1995-96. Tras a tempada 1997-98, Scola fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB. As dúas primeiras tempadas as pasou cedido no Gijón Baloncesto, equipo ó que axudou a conseguir o ascenso á ACB na tempada 1998-99. Durante as súas sete tempadas no Baskonia, conseguiu unha Liga ACB en 2002, 3 Copas do Rei en 2002, 2004 e 2006, e 3 Supercopas de España en 2005, 2006 e 2007.

O 12 de xullo de 2007, os San Antonio Spurs, equipo que escollera a Scola no Draft da NBA de 2002, traspasou os dereitos do xogador ós Houston Rockets xunto a Jackie Butler, a cambio de Vassilis Spanoulis e unha futura elección da segunda rolda do Draft. Scola asinou un contrato de 3 anos e 9.5 millóns de dólares cos Rockets.

O 15 de xullo de 2012, Scola asinou cos Phoenix Suns dous días despois de que os Rockets aplicaran a cláusula de amnistía sobre o xogador.[1]

O 27 de xullo de 2013, os Suns traspasaron a Scola ós Indiana Pacers a cambio de Gerald Green, Miles Plumlee e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[2]

Estatísticas NBA[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2007–08 Houston 82 24.7 .515 .000 .668 6.4 1.3 0.7 0.2 10.3
2008–09 Houston 82 30.3 .531 .000 .760 8.8 1.5 0.8 0.1 12.7
2009–10 Houston 82 32.6 .514 .200 .779 8.6 2.1 0.8 0.3 16.2
2010–11 Houston 74 32.6 .504 .000 .738 8.2 2.5 0.6 0.6 18.3
2011–12 Houston 66 31.3 .491 .000 .773 6.5 2.1 0.5 0.4 15.5
2012–13 Phoenix 82 26.6 .473 .188 .787 6.6 2.2 0.8 0.4 12.8
2013–14 Indiana 82 17.1 .470 .143 .728 4.8 1.0 0.3 0.2 7.6
2014–15 Indiana 81 20.5 .467 .250 .699 6.5 1.3 0.6 0.2 9.4
2015–16 Toronto 76 21.5 .450 .404 .726 4.7 0.9 0.6 0.4 8.7
2016–17 Brooklyn 36 12.8 .470 .340 .676 3.9 1.0 0.4 0.1 5.1
Total 743 25.6 .493 .339 .740 6.7 1.6 0.6 0.3 12.0

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2008 Houston 6 36.7 .448 .000 .686 9.3 1.3 0.7 0.2 14.0
2009 Houston 13 32.6 .494 .000 .673 8.4 1.8 0.5 0.2 14.4
2014 Indiana 17 13.9 .465 .333 .591 2.5 0.5 0.4 0.2 6.4
2016 Toronto 11 12.7 .258 .190 .727 1.6 0.6 0.3 0.0 2.5
Total 36 24.4 .475 .25 .66 5.8 1.1 0.5 0.2 10.5

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]