Gijón Baloncesto
|
||
|---|---|---|
| Competición | Desaparecido | |
| Fundado | 1982 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Palacio de Deportes de Gijón | |
| Cores | Encarnado e negro | |
| Historia | Gijón Baloncesto (1982-2009) |
|
| Sitio Web | www.gijonbaloncesto.com | |
O Gijón Baloncesto S.A.D. foi unha sociedade anónima deportiva de baloncesto cidade de Xixón, Asturias (España).
Índice |
Historia [editar]
En 1982 un grupu de afeccionados ao baloncesto conseguiron crear o primeiro club profesional de baloncesto de Xixón. O club comezou a competir na Segunda División da Liga Española ao adquirir os dereitos federativos do Real Grupo de Cultura Covadonga, xogando no Pavillón da Area. Esa primeira tempada ascendeu á Primeira División B ante o Melilla. Na Primeira División B participou ata 1990, ano no que ascendeu á Primeira División. Permaneceu 4 tempadas na máxima categoría, ata que en 1994, la Federación Española de Baloncesto creou a Liga EBA, na que se integrou el equipo. Ao final desa tempada (1994-95), ascendeu á Liga ACB. Mais un ano máis tarde, o equipo descendeu á Liga LEB, recentemente creada.
Na tempada 1998-99, o equipo ascendeu nóvamente á Liga ACB, aquel conxunto estaba adestrado polo técnico galego e ex-seleccionador español Moncho López, posteriormente o equipo descendería na tempada 2001-02. No ano 2000 o equipo transformouse en Sociedade Anónima Deportiva. Dende a tempada 2002-03 ata a 2006-07 competiu na Liga LEB Oro, contando nas súas filas con xogadores como Saúl Blanco, Mark Bigelow ou Antxon Iturbe, sen embargo, o equipo volvería descender no 2007, pasando a xogar na Liga LEB Plata. Logo da fuga de patrocinadores e os malos resultados que foron deixando sen aire ao equipo (o que propiciou a desaparición das súas categorías inferiores), no 2009 o club cesou a súa actividade na tempada ao non inscribirse en ningunha competición por non conseguir cartos para inscribirse na Liga LEB Plata.
Xogadores destacados [editar]
Bob Harstad
Brad Sellers
Luis Scola
Tomás Jofresa
Óscar Yebra
Saúl Blanco
Lou Roe
Tom Wideman
Hernán Jasen
Glen Whisby
Alejandro Escudero
José Ramón Esmorís
Javier Rodríguez Pérez
James Blackwell