Polideportivo Pisuerga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polideportivo Pisuerga
Polideportivo Pisuerga (GCV).JPG
España Pabellón Polideportivo Pisuerga
Datos
Localización Valladolid, España
Construción
Inauguración 1985
Estadio
Capacidade 6.300 espectadores
Propietario Ayuntamiento de Valladolid
Localía CB Valladolid (ACB)
Eventos
  • Campionato do Mundo de Ximnasia (1985)
  • Copa do Rei de baloncesto (1988)
  • Copa do Rei de baloncesto (1998)

O Pavillón Polideportivo Pisuerga é un pavillón cuberto multiusos, situado na cidade española de Valladolid. É propiedade municipal, e foi construído en 1985 para albergar o Campionato do Mundo de Ximnasia. Ten aforamento para 6.300 espectadores. Está situado na Praza de México s/n.

Normalmente serve como sede para os partidos do principal equipo de baloncesto da cidade, o Club Baloncesto Valladolid. Tamén alberga, en ocasións, partidos do Balonmano Valladolid. Nel celebráronse dúas copas do rei de baloncesto á parte dun torneo de tenis ao que acudiron os mellores tenistas do panorama nacional, xunto con outros moitos acontecementos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns relacionadas[editar | editar a fonte]