Zelmira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zelmira
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Andrea Leone Tottola
Fontes literarias Zelmire, de Dormont de Belloy
Estrea 16 de febreiro de 1822
Teatro da estrea Teatro San Carlo
Lugar da estrea Nápoles
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Conservatoire de París
Personaxes

Pelidoro (baixo)
Zelmira (soprano)
Ilo (tenor)
Antenore (tenor)
Emma (contralto)
Leucippo (baixo)
Eacide (tenor)
Gran Sacerdote di Giove (baixo)

Zelmira é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola baseado na traxedia en cinco actos Zelmire, de Dormont de Belloy e posta en escena en 1762 en Aviñón. Foi estreada o 16 de febreiro de 1822 no Teatro San Carlo de Nápoles.

Historia[editar | editar a fonte]

Zelmira é a última das óperas napolitanas. A súa primeira representación tivo lugar no Teatro San Carlo da cidade italiana o 16 de febreiro de 1822. Á estrea seguiulle un gran éxito na súa estrea en Viena o 13 de abril de 1822, como parte dun Festival Rossini de tres meses de duración para a cal Rossini escribiu música adicional. Seguíronlle representacións en varias cidades italianas, e o 24 de xaneiro de 1824 tivo lugar a estrea en Londres baixo a dirección do propio Rossini e coa daquela muller do compositor, Isabella Colbran, no papel principal. En 1826 foi representada en París. Contra o ano 1835 tivo lugar unha representación na cidade estadounidense de Nova Orleáns.[1]

Pasaron máis de 100 anos antes de que a ópera fora representada nóvamente en Nápoles en 1965, mais "non moi aplaudida"[1]. Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só unha representación entre 2005 e 2010.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 16 de febreiro de 1822
(Director: Nicola Festa)
Polidoro, rei de Lesbos baixo Antonio Ambrosi
Zelmira, súa filla soprano Isabella Colbran
Emma, súa confidente contralto Anna Maria Cecconi
Ilo, príncipe de Troia e esposo de Zelmira tenor Giovanni David
Antenore, un usurpador de Mitilene tenor Andrea Nozzari
Leucippo, súa confidente, un xeneral baixo-barítono Michele Benedetti
Eacide, un seguidor do príncipe Ilo tenor Gaetano Chizzola
Gran Sacerdote di Giove baixo Massimo Orlandini
Sacerdotes, pobo, exército de Mitilene, seguidores de Ilo, fillo xove de Zelmira (papel mudo)

Estrutura[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione e cavatina Oh sciagura! - Che vidi, oh amici! (Antenore)
  • 2 Cavatina Ah, già trascorse il dì (Polidoro)
  • 3 Terzetto Soave conforto (Polidoro, Zelmira, Emma)
  • 4 Coro e cavatina S'intessano gli allori - Terra amica (Ilo)
  • 5 Duetto A che quei tronchi accenti? (Ilo, Zelmira)
  • 6 Cavatina Mentre qual fera ingorda (Antenore)
  • 7 Duettino Perché mi guardi e piangi (Zelmira, Emma)
  • 8 Finale Sì fausto momento (Antenore, Leucippo, Gran Sacerdote, Ilo, Zelmira, Emma)

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 8bis Coro e cavatina Pian piano inoltrisi - Ciel pietoso, ciel clemente (Emma)
  • 9 Duetto In estasi di gioia (Ilo, Polidoro)
  • 10 Quintetto Ne' lacci miei cadesti (Antenore, Zelmira, Polidoro, Leucippo, Emma)
  • 11 Rondò Riedi al soglio (Zelmira)

Arias célebres[editar | editar a fonte]

  • Terra amica (cavatina de Ilo)
  • Mentre qual fera ingorda (cavatina de Antenore)
  • Perché mi guardi e piangi (duettino de Zelmira e Emma)
  • La sorpresa, lo stupor (cantabile concertato do finale do primeiro acto)
  • Fiume che gli argini rompe, sorpassa (stretta final do primeiro acto)
  • Ciel pietoso, ciel clemente (preghiera de Emma, segundo acto, a partir da edición de Viena)
  • Riedi al soglio (aria final de Zelmira)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto:
Zelmira, Ilo, Emma, Antenore, Polidoro
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo [3]
1965 Virginia Zeani,
Nicola Tagger,
Gastone Limarilli,
Paolo Washington,
Anna Rota
Carlo Franci,
Orquestra e coro do Teatro San Carlo
(Gravación dunha representación en Nápoles o 10 de abril)
Audio CD: Great Opera Performances
Cat: G.O.P. 780; Opera d'Oro
Cat: OPD 1455
1989 Cecilia Gasdia,
William Matteuzzi,
Bernarda Fink,
Chris Merritt,
Jose Garcia
Claudio Scimone,
I Solisti Veneti
Audio CD: Erato
Cat: 45419
2003 Elizabeth Futral,
Antonino Siragusa,
Manuela Custer,
Bruce Ford,
Marco Vinco
Maurizio Benini,
Scottish Chamber Orchestra
Audio CD: Opera Rara
Cat: ORC 27

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre: