Demetrio e Polibio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demetrio e Polibio
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Vincenzina Viganò Mombelli
Estrea 18 de maio de 1812
Teatro da estrea Teatro Valle
Lugar da estrea Roma
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Perdida
Personaxes

Demetrio (tenor)
Polibio (baixo)
Lisinga (soprano)
Demetrio/Silveno (contralto)

Demetrio e Polibio é a primeira ópera lírica de Gioachino Rossini. Trátase dunha ópera seria en dous actos con música do compositor italiano sobre un libreto en italiano de Vincenzina Viganò Mombelli. Foi estreada no Teatro Valle de Roma o 18 de maio de 1812.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta foi a primeira ópera realizada por Rossini (aínda que non foi a primeira en ser representada), quen a compuxo en 1806, cando tan só contaba con 17 anos de idade, incentivado polo seu amigo Domenico Mombelli, aínda que a súa estrea non tivo lugar ata o 18 de maio de 1812, cando se puxo en escena no Teatro Valle de Roma.[1] Foi escrita para a os Mombelli, unha familia de cantantes, sendo completada por Rossini en 1806, durante o seu período de estudo na Accademia Filarmonica di Bologna.[2] Esta ópera foi moia apreciada por Stendhal, que puido vela en Como. Pronto foi esquecida á sombra das outras óperas máis famosas posteriores, tendo moi pouco percorrido. Foi representada no Rossini Opera Festival unicamente en 2010, cun reparto de novos intérpretes.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha soa representación no período 2005-2010.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Reparto na estrea, 18 de maio de 1812[4]
(Director: - )
Polibio, rei de Partos bass Lodovico Olivieri
Lisinga, filla de Polibio soprano Maria Ester Mombelli
Demetrio/Silveno, amante de Lisinga, fillo de Demetrio rei de Siria mais confusamente fillo de Minteo, un antigo ministro rexio contralto Marianna "Anna" Mombelli
Demetrio, rei de Siria e pai de Demetrio, baixo o nome de Eumene tenor Domenico Mombelli
Coro masculino.

Argumento[editar | editar a fonte]

Data: século II a.C.
Lugar: na capital de Partos

Acto I[editar | editar a fonte]

Polibio, o rei de Partos, é o protector da súa filla Lisinga e o seu amante Siveno. Todo o mundo pensa que Siveno é fillo de Minteo, un ministro do rei de Siria Demetrio, mais realmente é o máis distanciado fillo de Demetrio. Demetrio, sostendo que Minteo é o responsable da desaparición do seu fillo, chega á corte de Partos baixo o nome de Eumeno, un mensaxeiro real, e demanda a volta de Siveno a Siria, o que Polibio rexeita. Siveno e Lisinga celebran o seu matrimonio. Polibio confésalle a Siveno que está preocupado polo ocorrido, mais siveno o tranquiliza. Mentres tanto, Eumene (Demetrio) trama cómo secuestrar a Siveno e levalo de volta a Siria. Eumene soborna aos criados e aos gardas e pola noite entra na corte de Partos. Sen embargo, cando chega á alcoba da xove parella, atopa a Lisinga soa e a secuestra no seu lugar. Polibio e Siveno tratan de detelo sen éxito.

Acto II[editar | editar a fonte]

Polybius e Siveno abogan pola liberación de Lisinga. Como resposta, Eumene (Demetrio) ameaza con matala se Siveno non volta con el. Á súa vez, Polibio ameaza con matar a Siveno se Lisinga non é liberada. A situación comeza a resolverse cando Eumene (Demetrio), mirando a un vello medallón percátase de que Siveno é o seu fillo perdido. Mentres tanto, Polibio non quere perder a Lisinga, e Eumene (Polibio) só quere a Siveno. Desesperada ante a súa inminente separación, Lisinga trata de matar a Eumene, mais finalmente revela a súa verdadeira identidade como o rei Demetrio e anuncia que Siveno é o seu fillo. A paz é restaurada e a parella pode vivir feliz para sempre.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini require o emprego de:

Discografía[editar | editar a fonte]

Ano Reparto:
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo [5]
1992 Giorgio Surjan,
Christine Weidinger,
Sara Mingardo,
Dalmacio González
Massimiliano Carraro,
Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara Sluk de Bratislava

(Gravado nunha representación no Festival della Valle d'Itria, Martina Franca. 27 de xullo)

Audio CD: Dynamic
Cat: CDS 171/1-2
1996 Pietro Spagnoli,
Maria Costanza Nocentini,
Sonia Ganassi,
Aldo Bertolo
Giuliano Carella,
Orquestra descoñecida
(Gravado nunha representación en Dordrecht o 8 de setembro)
Cassette: Lyric Distribution Incorporated
Cat: ALD 4085

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]