Ivanhoé
| Ivanhoé Ivanhoe |
|
|---|---|
| Forma | Ópera (pastiche) |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Francés | |
| Libretista | Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly |
| Fontes literarias | Ivanhoe de Walter Scott |
| Estrea | 15 de setembro de 1826 |
| Teatro da estrea | Théâtre de l'Odéon |
| Lugar da estrea | París |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Personaxes | |
Ivanhoé (en galego Ivanhoe) é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en francés de Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly, axudados polo seu comitente, o editor Antonio Pacini; está baseada na novela de Walter Scott Ivanhoe. a súa estrea tivo lugar no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826, poucas semanas antes de poñerse en escena - o 9 de outubro - Le siège de Corinthe.
Índice |
Historia[editar]
Ivanhoé foi estreada no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826,[1] poucas semanas antes de estrearse le siège de Corinthe. Logo de ser repetida un par de veces a raíz do éxito da primeira representación, a ópera caeu no esquecemento e non foi recuperada ata 1990 polo Teatro dell'Opéra de Montpellier.
Posteriormente foi interpretada en Inglaterra como The Maid of Judah.[2]
Personaxes[editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 15 de setembro de 1826 (Director: -)[3] |
|---|---|---|
| Ivanhoé, cabaleiro saxón | tenor | Lecomte |
| Léila, filla de Ismaël | soprano | Le Moule |
| Brian de Boisguilbert, cabaleiro normando | baixo | Leclerc |
| Ismaël, musulmán, plateiro do rei de Francia | barítono | Léon |
| Cédric, o pai de Ivanhoé | barítono | V Adolphe |
| Le Marquis Lucas de Beaumanoir, xeneral en xefe do exército normando | baixo | Charles |
| Albert de Malvoisin, cabaleiro normando | tenor | Peyronnet |
| Un heraldo | tenor | Masson |
| Thierry | mimo |
Argumento[editar]
O libreto de Deschamps e Wailly respeta só en parte a trama da obra de Scott mais, permanecendo no tema ofrece escenas épicas[4] coa presenza de peregriños e campións invencibles, asedios e os procesos contra as nenas condenadas por erro. Tamén están os combates singulares, así como o coñecemento e o predecible final feliz, as unións entre Ivanhoé e Léila, saxóns e normandos unidos nun único pobo inglés, listos para combater contra os comúns inimigos franceses.
Análise[editar]
A música empregada para a partitura non era, agás a introdución, orixinal, senón que procedía doutras óperas e foi revisada e adaptada para a ocasión a xeito de pastiche[5] polo mesmo Rossini (que, alo menos oficialmente, tería consentido unha operación análoga con ocasión da posta en escena de Robert Bruce) para introducir a súa música en París.
As obras das que se toma a música son: Semiramide, La Cenerentola, La gazza ladra, Tancredi, Bianca e Falliero, Armida, Maometto II, Aureliano in Palmira, Sigismondo, Torvaldo e Dorliska, Moïse et Pharaon e Zelmira[4].
A música que marca varios números musicais, intercálase con recitativos falados ao xeito da opéra-comique, mantendo sen embargo, respeto ao contexto orixinal.
Notas[editar]
- ↑ Osborne, Richard (1986). Rossini. London: Dent. pp. 72–3. ISBN 0-460-03179-1.
- ↑ The Theatrical observer and, Daily bills of the play (Volume 1832 v. 3 no.3361-3445:(Sep 22,1832-Dec 31,1832))
- ↑ Información de AmadeusOnline.net
- ↑ 4,0 4,1 Rossini - Tutti i libretti d'opera, editado por Piero Mioli, cunha introdución de Paolo Fabbri, Newton Compton, 1997, ISBN 8881838060
- ↑ Frecuente na escena operística italiana do século XIX.