Sigismondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sigismondo
Forma Ópera
Actos e escenas 2 actos
Idioma orixinal do libreto Italiano
Libretista Giuseppe Maria Foppa
Estrea 26 de decembro de 1814
Teatro da estrea Gran Teatro La Fenice
Lugar da estrea Venecia
Música
Compositor Gioachino Rossini
Localización da partitura Arquivo da Casa Ricordi (Milán)
Personaxes

Sigismondo (contralto)
Ladislao (tenor)
Anagilda (soprano)
Radoski (barítono)
Ulderico (baixo)
Aldimira (soprano)
Zenovito (baixo)

Sigismondo é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 26 de decembro de 1814, mais non tivo unha gran acollida. Trátase dunha farsa veneciana (ao igual que L'inganno felice, La scala di seta e Il signor Bruschino). Parte da música desta ópera foi empregada por Rossini para varias óperas posteriores: Elisabetta, regina d'Inghilterra, Il barbiere di Siviglia[1] e Adina.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Sigismondo estreouse o 26 de decembro de 1814 no Gran Teatro La Fenice de Venecia, mais non tivo unha gran acollida. A ópera tivo pouca circulación, con representacións en Padua, Cremona e Reggio Emilia (todas elas en 1819), Florence (1820) e Boloña (1827), quedando logo totalmente esquecida. O seu renacemento moderno tivo lugar en Rovigo e Trieste en 1992, cunha xove Sonia Ganassi no papel protagonista.

Esta ópera rara vez é representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha única representación no período 2005-10.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Presonaxe Tesitura Reparto na estrea, 26 de decembro de 1814[4]
(Director: )
Sigismondo, Rei de Polonia contralto Marietta Marcolini
Ladislao, Primeiro Ministro de Polonia tenor Claudio Bonoldi
Anagilda, irmá de Ladislao soprano Marianna Rossi
Radoski, confidente de Ladislao barítono Domenico Bartoli
Ulderico, King of Bohemia baixo Luciano Bianchi
Aldimira, filla de Ulderico e muller de Sigismondo soprano Elisabetta Manfredini-Guarmani
Zenovito, noble polonés baixo Luciano Bianchi

Argumento[editar | editar a fonte]

A escena ten lugar en Gesna, antiga capital de Polonia, e en parte nalgúns bosques e lugares montañosos.

A ópera comeza coa loucura de Sigismondo: teme a vinganza de Ulderico, pai da súa dona Aldimira, que a mandou matar por infidelidade. En realidade Aldimira está viva, e foi vítima dunha trampa traicioneira de Ladislao, quen o inventou todo.

Aldimira reúnese de novo con Segismundo baixo un nome falso, seducíndoo, pídelle que sexa a súa esposa e ela acepta, mais quere consultar con seu pai que está a piques de atoparse con Sigismondo.

Mentres tanto, Ladislao revela a Ulderico o delito de Aldimira e que non está viva, o que provoca o ataque. Sigismondo perde, mais salva a Aldimira da espada de Ladislao.

Revélase o engano e prenden a Ladislao, finalizando felizmente a ópera.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini prevé a utilización de:

Para os recitativos:

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Reparto:
Sigismondo, Bruno, Aldimira, Ulderico
Director,
Teatro e orquestra
Selo discográfico [5]
1992 Sonia Ganassi,
Bruno Lazzaretti,
Rosella Ragatzu,
Giacomo Prestia
Richard Bonynge,
Rovigo Venezze Conservatory Orchestra
Audio CD: Bongiovanni
Cat: 8.660189-90
1995 Carmen Oprisanu,
??,
Tatiana Korovina,
Vladimir Prudnikov
Marc Andreae,
Stuttgarter Kammerorchester and Prague Male Choir
(Recorded at the Wildbad Rossini Festival, July)
Audio CD: CROSSROADS
Cat: CR 0102695

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, New York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-140-29312-4
  • Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0931340713
  • Osborne, Richard: "Sigismondo" en The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). (London: MacMillan, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  • Radiciotti, Giuseppe, Gioachino Rossini: vita documentata; opere ed influenze su l'arte, 3 vols. Tivoli: Chicca, 1927-29.