La pietra del paragone
| La pietra del paragone A pedra de toque |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Luigi Romanelli |
| Estrea | 26 de setembro de 1812 |
| Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
| Lugar da estrea | Milán |
| Música | |
| Compositor | Gioacchino Rossini |
| Localización da partitura | Archivio di Casa Ricordi, Milán. A segunda metade dos recitativo secco é dun colaborador descoñecido. |
| Personaxes | |
La pietra del paragone (en galego A pedra de toque) é unha ópera en dous actos con música de Gioacchino Rossini e libreto en italiano de Luigi Romanelli. A súa estrea tivo lugar o 26 de setembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán. Foi o primeiro encargo do compositor dun gran teatro de ópera e foi un éxito inmediato, sendo representada 53 veces durante a primeira tempada.[1]
Esta ópera represéntase moi poco, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só cinco representacións no período 2005-2010.[2]
Índice |
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 26 de setembro de 1812[1] (Director: Alessandro Rolla) |
|---|---|---|
| Conde Asdrubale (un rico señor) | baixo | Filippo Galli |
| Clarice (namorada de Asdrubale) | contralto | Marietta Marcolini |
| Giocondo (poeta amigo do Conde Asdrubale) | tenor | Claudio Bonoldi |
| Pacuvio (un poeta) | barítono | Pietro Vasoli |
| Donna Fulvia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) | mezzosoprano | Orsola Fei |
| Macrobio (un xornalista corrupto) | barítono | Antonio Parlamagni |
| Baronesa Aspasia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) | soprano | Carolina Zerbini |
| Fabrizio | baixo | Paolo Rossignoli |
| Xardiñeiros, convidados, soldados, cazadores | ||
Argumento [editar]
Tres mulleres queren casar co Conde Asdrúbale, mais só a Marquesa Clarice o ama en realidade, as outras só queren os seus cartos. Farto do asedio das tres mulleres e dun xornalista corrupto, dun escritor ridículo e dun xove poeta, o Conde decide montar unha farsa: finxe que toda a súa fortuna se rematou.
Todos o abandonan excepto a apaixoada Marquesa Clarice e o xove poeta Giocondo.
Mais a marquesa decide que non precisa ser amada polo Conde, mais Giocondo consigue reconcilialos.
Orquestración [editar]
A partitura de Rossini prevé a utilización de:
- 2 frautas (II. tamén piccolo) , 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots
- 2 trompas, 2 trompetas, trombón
- timbais, bombo, platos
- archi
Para os recitativos:
- piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Estrutura [editar]
- Sinfonia
Acto I [editar]
- 1 Introduzione Non v'è del conte Asdrubale (Coro, Pacuvio, Aspasia, Fulvia, Fabrizio)
- 2 Duetto Mille vati al suolo io stendo (Macrobio, Giocondo)
- 3 Cavatina Quel dirmi, oh dio! (Clarice)
- 4 Cavatina Se di certo non sapessi (Asdrubale)
- 5 Duetto Conte io, se l'eco avesse (Clarice, Asdrubale)
- 6 Aria Ombretta sdegnosa (Pacuvio)
- 7 Quartetto Voi volete e non volete (Clarice, Asdrubale, Giocondo, Macrobio)
- 8 Aria Chi è colei che s'avvicina? (Macrobio)
- 9 Coro Il conte Asdrubale
- 10 Finale I Su queste piante incisi (Clarice, Giocondo, Macrobio, Aspasia, Fulvia, Pacuvio, Asdrubale, Fabrizio, Coro)
Acto II [editar]
- 11 Introduzione Lo stranier con le pive nel sacco (Coro, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Conte, Pacuvio, Giocondo)
- 12 Coro A caccia, mio signore! (Coro, Pacuvio) e Temporale
- 13 Scena e aria Oh come il fosco - Quell'alme pupille (Giocondo)
- 14 Quintetto Spera se vuoi, ma taci (Clarice, Giocondo, Aspasia, Macrobio, Asdrubale)
- 15 Aria Pubblico fu l'oltraggio (Fulvia)
- 16 Terzetto Prima fra voi coll'armi (Macrobio, Asdrubale, Giocondo)
- 17 Marcia, scena e aria Se l'Itale contrade (Clarice, Coro)
- 18 Aria Ah, se destarti in seno (Asdrubale)
- 19 Finale II Voi Clarice? (Asdrubale, Giocondo, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Pacuvio, Fabrizio, Clarice, Coro)
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Kobbe, p. 654
- ↑ Estatísticas de Operabase